venres, 30 de marzo de 2018

"Mes do libro 2018"

Como cada ano ao longo deste mes de abril  temos de protagonista:
"O LIBRO". 
Recórdanse títulos e por suposto autores que están na mente de todos e todas. Faise mención especial ao libro infantil e xuvenil no día 2 de abril, data na que naceu Hans Christian Andersen no 1805. Este escritor e poeta danés é coñecido  mundialmente polos seus contos para nenos e nenas. A IBBY declarou esta data Día Internacional do Libro Infantil e así lembrar a importancia de ofrecer libros axeitados a todos os nenos e nenas que os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Para saber máis deste autor clica na súa foto e atoparás un lim con interesantes actividades elaborado por Julia González, mestra do Ceip Mestres Goldar. (Grazas por compartilo)


O 23 de abril é a 2ª data simbólica do mes no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos autores.
Ao longo deste mes e para celebrar estas datas especiais, no cole faremos as seguintes actividades:
  • Intercambio de Madriñas e Padriños lectores co CEIP Xunqueira I.
  • Elaboración de marcadores por parte do alumnado de Ed Infantil para agasallar aos lectores da Xunqueira I.
  • Apadriñamento lector por parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria con todo o cole para compartir historias, lendas... contadas dos nenos e nenas maiores aos máis pequenos.
  • Exposición de fotos dos diferentes Apadriñamentos, tanto no propio centro como do intercambio coa Xunqueira I
  • Exposición de libros que teñen como protagonista o libro.
  • Contacontos na biblioteca polos Bibliotecarios voluntarios na hora do recreo na semana do 23 ao 27 de abril.
  • Proxección dun corto na biblioteca na hora do recreo.
  • E para rematar a semana a biblioteca sairá ao patio coa grande axuda dos bibliotecari@s.
Aquí vos deixamos uns vídeos relacionados cos libros e a lectura



Ningún comentario: