luns, 11 de marzo de 2013

"Día da Poesía e da Árbore"

O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo do mes de marzo traballamos arredor desta data de doble celebración.

1.- Día da Poesía
- Tendo como punto de partida a obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro e dado que se cumplen 150 anos da súa publicación traballaremos a ilustración, elaboración... de poemas para recopilalos posteriormente nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección de libros de produción propia (4)
Interesante recopilación de recursos a continuación:
bibliotecamestresgoldar
sondepoetas

2.- Día da Árbore
- As árbores son parte esencial do noso contorno e así tentaremos velos partindo de aqueles que temos máis preto e coa axuda de contos, vídeos, e outros materiais que iremos descubrindo.

Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida de Rosalía de Castro e a súa obra "Cantares Gallegos", ademais dunha estupenda selección de obras relacionadas coa poesía e as árbores.

Aquí vos deixamos un fermoso vídeo, unha mostra da marabilla dos nosos bosques.


E tamén este outro, un fermoso conto, sempre axeitado

domingo, 3 de marzo de 2013

"Música en directo"

O pasado mércores 27 tivemos no cole a Laura e Aitor. Os dous son estudiantes avanzados de piano e fagot e viñeron presentarnos estes instrumentos. Falaron das peculiaridades de cada un e a continuación nos  agasallaron con varias pezas musicais.
Algunhas eran pezas actuais, coñecidas por todos os nenos e nenas do cole, outras obras da música clásica, pero todas elas gustaron e fixeron disfrutar a alumnado e profesorado. Para rematar a sesión tivemos incluso a varios voluntari@s que se animaron a participar e amosarnos a súa destreza.
Aquí tendes algunhas fotos da xornada