luns, 15 de maio de 2017

"Recunchos Letras Galegas 2017"

Xa chegan as Letras Galegas 17 e xa todo está preparado e esperando que todas e todos pasedes bos momentos na biblioteca coa nosa proposta de actividades.
Aquí tendes os recunchos xa preparados:





As actividades xirarán arredor do autor Carlos Casares e do proxecto “EMOCIÓNATE CON NÓS!!”.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na  biblioteca  atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con carteis de cores e o Nº correspondente do seguinte xeito:
-          Recuncho 1     (amarelo)
-          Recuncho 2     (azul)
-          Recuncho 3     (verde)
-          Recuncho 4     (vermello)
-          Recuncho 5     (laranxa)
Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas en función do nivel:

Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requiridos relacionados coa bibliografía do proxecto e Carlos Casares /// crebacabezas de portadas dos libros máis coñecidos de Carlos Casares  
Recuncho nº 2, pasatempos: completar sudokus e palabras enlazadas propostos que deberán resolver en equipo /// completar un sudoku en equipo
Recuncho nº 3, retrato: cada equipo fará un retrato do autor seguindo a estrutura de Folio Xiratorio e tendo como modelo unha das fotos de Carlos Casares.
Recuncho nº 4, mural: Cada equipo decidirá 5 elementos ou aspectos do cole que queren mellorar. Elixirán unha ficha de cor numerada das que atoparán na bandexa no recuncho. Cada nen@ escribirá unha mellora nunha das ringleiras /// elexir entre as fotos do recuncho aquelas que representen as melloras que nos gustarían para o cole.  
Cando rematen pegarán a ficha no lugar do mural que decidan para ir completando con todas as suxestións.
Recuncho nº 5, panel: completar os datos sobre a biografía de Carlos Casares e  composición dun collage con fotos e textos sobre a vida e obra de Carlos Casares- A3.  /// composición dun collage con fotos e textos de Carlos Casares - A3.
Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno
En cada recuncho  haberá un  sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 comeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro… 

luns, 8 de maio de 2017

"Letras Galegas 2017"

Estamos en maio e moi pronto chegará o 17, "Día das Letras Galegas". A biblioteca xa está preparada para a celebración destas datas e poderemos disfrutar de diferentes actividades en equipo cos compañeiros e compañeiras de clase.
Este ano o autor homenaxeado  é Carlos Casares, gran defensor da cultura galega.
Partindo do noso proxecto, "Emociónate con Nós!!, xogaremos coa vida e obra do escritor e con outras obras do proxecto, que nos servirán para completar as actividades planeadas.
Na biblioteca temos 5 recunchos diferenciados, partindo deles teremos que resolver:
- Sudokus
- Encadeados
- Puzzles
- Preguntas sobre a biografía de Carlos Casares
- Collage sobre Carlos Casares
- Preguntas relacionadas con bibliografía das emocións e do escritor homenaxeado
E máis... Agardamos a vosa visita e pronto concretaremos máis sobre o noso programa.
E para obter máis información sobre Carlos Casares podemos consultar nas seguintes páxinas:

"Día do Libro, Mes do Libro"

No mes de abril as nosas lecturas foron máis especiais aínda. 
O cole encheuse coas achegas das familias, cada neno e nena trouxo de casa un debuxo/foto do seu libro preferido.
Debaixo engadiron unha frase explicando o que ese libro lles fixera sentir. Coa recollida destes traballos fixemos unha fermosa exposición que adorna dende abril as entradas do colexio.

Pero houbo máis, o luns 24 todo o cole saiu á Illa das Esculturas. Ao chegar eliximos un sitio agradable para o noso apadriñamento especial do mes de abril. Os maiores fixeron as ledicias dos pequenos lendo e contando. Dende 4º de infantil a 6º de primaria, todo o cole, (profesorado e alumando) disfrutaron dunha fermosa xornada de lectura.


Para ver máis fotos da xornada clickade na imaxe.