domingo, 25 de xuño de 2017

"Boas vacacións"

Xa chegaron as vacacións... pero antes de rematar, na última semana, quixemos despedir aos bibliotecarios cun pequeno agasallo para agradecerlles o seu gran traballo ao longo do curso.

Algúns voltarán en setembro, outros comezarán unha nova etapa. Boa sorte e boas vacacións a todas e todos.

"Actividades Unesco"

Antes de irnos de vacacións queremos presentarvos o resumo dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no cole e que foron propostas polo equipo Unesco.
Aquí deixamos unha presentación sobre o requeixo, actividade feita na biblioteca na primeira semana de xuño e da que todas e todos poidemos disfrutar.

Tamén tivemos unha exposición sobre o Atlántico na que colaboraron as familias coa elaboración dos traballos

domingo, 4 de xuño de 2017

"Guía de lecturas para o verán"

Xa están chegando as vacacións e nós xa temos preparada a nosa Guía de Lecturas. Aínda quedan unhas semanas de clase, pero para que vaiades preparando a vosa mochila de praia, río, piscina... sempre cun libro a man!!


"Obradoiro de Requeixo"

Dentro das últimas actividades do curso e organizada polo equipo de Unesco tivemos unha estupenda actividade na biblioteca.
Fixemos un obradoiro de requeixo. A señora Ester veu explicarnos de onde sae o requeixo e como se fai, seguindo sempre a elaboración artesanal que ela coñece dende hai anos. 
Ao rematar o obradoiro e despois de 2 días de callado poidemos saborear o requeixo nas diferentes titorías. Moitas gracias!!




"Letras Galegas 17"

"O cole que queremos" foi o lema da nosa biblioteca na Semana das Letras Galegas, e aquí está o mural coas suxestións que entre tod@s quixemos deixar expostas.
Aquí vos deixamos un resumo do paso das diferentes titorías pola biblioteca na semana das Letras Galegas para participar na Olimpiada que Piquín tiña preparada para tod@s. Esperamos que sexa do voso agrado.