xoves, 29 de marzo de 2018

"Campionato de Xadrez 2018"

No mes de marzo celebrouse na biblioteca o Campionato anual de Xadrez na hora do recreo. 
A participación foi moi numerosa e a intensidade das partidas foi en aumento ata a Gran Final.
Os dous grandes finalistas foron Jorge e Alén. 
Noraboa a tod@s os participantes, especialmente a estes dous finalistas que xogaron unha última partida realmente apaixonada.



 Os nosos finalistas


"Homenaxeando a Rosalía"

Os nenos e nenas de 2º  ciclo saíron ler poemas no Día de Rosalía e fixeron flores de papel en homenaxe á nosa poetisa.



venres, 16 de marzo de 2018

"Pintando con Antón Sobral"

Seguindo co tema da Arte, aquí vos deixamos algúns debuxos e comentarios de agradecemento do alumnado do 3º ciclo a Antón Sobral.