domingo, 28 de novembro de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Na próxima semana sairán as mochilas viaxeiras. É o 2º ano que poñemos en marcha esta actividade co obxectivo de fomentar a lectura compartida en familia.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Ao longo destas dúas semanas, tivemos na biblioteca a exposición dun calendario elaborado para loitar contra a violencia de xénero.

venres, 26 de novembro de 2010

25 DE NOVEMBRO

Contra a violencia de xénero. Un conto para reflexionar sobre a igualdade,  e sobre os dereitos tanto das mulleres como dos homes.



mércores, 24 de novembro de 2010

VISITA DE ANXO MOURE

Hoxe estivo no cole Anxo Moure. Deleitounos cos seus contos ao longo de toda a mañán.
Aquí tendes algunhas fotos do seu paso polo cole.

martes, 23 de novembro de 2010

sábado, 20 de novembro de 2010

DEREITOS DA INFANCIA

Na biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica elaboraron unha estupenda recompilación de materiais para traballar os dereitos-humanos-dereitos da infancia. Clica nesta imaxe:




martes, 16 de novembro de 2010

XA ESTAMOS AQUÍ

Ola, ola
Esta é a nosa presentación no mundo das novas tecnoloxías.
Comezamos a nosa andaina e esperamos que ao longo do curso esta páxina se vaia enchendo de vida con aportacións moi variadas .
Agardamos a vosa visita.