martes, 30 de abril de 2024

"Letras Galegas 2024"

 Xa estamos en Maio, e o mércores 17, celébrase o Día das Letras Galegas. 

A autora homenaxeada este ano é Luisa Villalta, escritora galega, autora de narrativa, teatro e poesía.
Destacou pola forza da súa voz e polo seu compromiso social.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:
No cole celebraremos esta data traballando arredor da autora homenaxeada e do proxecto deste curso, "Historias de Cine".
Este ano, teremos de novo unha dobre proposta de actividades:
-  Paquete de actividades en liña que poderán realizarse de xeito virtual e/ou en papel.
Xincana na biblioteca que realizaremos por quendas dende o luns 13 ata o venres 24.
Para poder acceder ás actividades virtuais podedes premer nas fotos ou nos enlaces correspondentes a cada nivel e chegaredes axiña. (Tamén podedes acceder dende a pestana "Letras Galegas" da parte superior da páxina):
No que se refire á Xincana, terá lugar na biblioteca. Ao chegar, atoparemos 5 recunchos de traballo, cada un dos recunchos estará sinalizado.  Antes de comezar, cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  máximo 5 equipos de 4/5 nenos e nenas. 

Cada equipo terá 1 díptico que lle servirá de guía para a realización das actividades.  Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:

Recuncho Mural letras, decoración de palabras relacionadas co cine e o teatro.

Recuncho Luisa Villalta, traballo arredor da vida e obra da autora homenaxeada

Recuncho Filmoteca, crebacabezas da portada dunha película galega das expostas no panel

Recuncho Guión de Cine, elaboración dun esbozo de guión de cine segundo os datos requeridos

Recuncho Galegas de Cine, traballo arredor de mulleres galegas que exercen distintas profesións relacionadas co cine.

O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que a/o mestra-e de a sinal que indica cambio.

Cada equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no percorrido  para recompilar os materiais que se van traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.

Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…

Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro… 

martes, 23 de abril de 2024

"Mes do libro 2024"

Como cada ano ao longo deste mes de abril temos de protagonista: "O LIBRO".
Neste mes recordamos títulos e por suposto autores que están na mente de todas e todos. 
Faise mención especial ao libro infantil e xuvenil no día 2 de abril, data na que naceu Hans Christian Andersen no 1805. 
Este escritor e poeta danés é coñecido  mundialmente polos seus contos para nenas e nenos. 

A IBBY declarou esta data Día Internacional do Libro Infantil e así lembrar a importancia de ofrecer libros axeitados a todas as nenas e nenos que os axuden a medrar como lectores e como persoas.        

23 de abril é a 2ª data simbólica do mes no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e ás autoras e autores.

Ao longo deste ABRIL e para celebrar estas datas especiais, teremos no cole as seguintes actividades:
- "Contacontos a cargo do Correo do Vento"
- Exposición de carteis de películas recomendadas, polos corredores do centro, feitas coa colaboración das familias
Exposición temática e de novidades relacionadas co libro
- E agasallo de Piquín para todo o alumnado e personal do cole: bolsas de tea coa foto da nosa mascota e marcapáxinas.

Agora e para endulzar estes días, aquí vos deixamos uns vídeos relacionados cos libros e a lectura