domingo, 19 de xuño de 2022

"Novo Proxecto e Boas Vacacións"

Seguro que estades intrigadas e intrigados pensando cal das propostas foi a gañadora, queredes sabelo xa???

Pois, "POKÉMOS NA BIBLIOTECA", vai ser a proposta de traballo para o vindeiro curso. Esperamos que vos guste e á volta das vacacións de verán veñades cargados de enerxía e moitas ideas para axudar a Piquín na súa investigación.

E con esta nova, despídese Piquín de todas e todos vós, non sen antes agradecer especialmente a bibliotecarias e bibliotecarios o seu traballo e esforzo por colaborar na xestión da biblioteca na hora do recreo. Moitas grazas a todo este alumnado e profesorado voluntario, sen a vosa axuda manter a biblioteca aberta no recreo sería imposible.

Boa andadura no voso camiño e moita sorte na nova etapa de Secundaria.

Para as e os demais, vémonos en Setembro.

¡¡BOAS VACACIÓNS!!

mércores, 15 de xuño de 2022

"A CACA CUCA"


Esta semana tivemos a gran sorte de ter no cole á Irene Alonso, autora do conto "A Caca Cuca" da editorial Galaxia. 
Fixo para todas as nenas e nenos de Ed. Infantil unha fantástica sesión de contacontos que desfrutaron moitísimo. Unha historia, que tenta amosar ás pequenas e pequenos, a importancia da recollida das cacas dos cans para que as rúas queden limpas.
Moitas grazas a Irene e Cristóbal por compartir un fermoso ratiño con nós e por suposto, a Bruno por permitírllelo.

mércores, 8 de xuño de 2022

"Novo Proxecto"

Este curso está rematando, pero Piquín xa está a argallar novas sorpresas para o 22-23. 
Leva días pensando: que lles gustaría investigar aos rapaces e rapazas?
E... decidiu preguntar a todas e todos, así que votade as vosas propostas na aula e logo entre todo o cole acordaremos sobre o que traballaremos no vindeiro curso.  
Parécevos boa idea? Pois adiante!!
Cal será o vindeiro proxecto?
Pronto teredes aquí a vosa resposta


xoves, 2 de xuño de 2022

"Guía de lecturas para o verán"

 Xa están chegando as vacacións e nós xa temos preparada a nosa Guía de Lecturas. Aínda quedan unhas semanas de clase, pero para que vaiades preparando a vosa mochila de praia, río, piscina... sempre cun libro a man!!