xoves, 21 de decembro de 2017

"Recomendacións lectoras e Arte"

Xa está aquí o Nadal e Piquín non esqueceu canto nos gustan os libros. Para grandes e pequenos, para ler en solitario ou ben acompañado... Aquí están as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións:

E antes de dar por rematado este trimestre queremos que disfrutedes coa vista da entrada da nosa biblioteca, este curso como ben sabedes cheíña de ARTE. 


 ¡¡BOAS FESTAS A TOD@S!! E ESPERÁMOSVOS NO 2018

mércores, 20 de decembro de 2017

"Obradoiros de Arte"

Para rematar o 1º trimestre do curso fixemos na biblioteca un obradoiro de pintura. Estivo no cole Antón Sobral e as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria pintaron seguindo as súas indicacións.
Para ver a reportaxe completa de fotos clicade na imaxe

martes, 19 de decembro de 2017

"O Apalpador"

Moito antes de que chegase a Galicia Papá Noel, xa existía nestas terras  alguén moi importante no Nadal:
A historia di que o apalpador vivía nas montañas e que en Noiteboa...
Queres seguir???,
cun click na imaxe atoparás parte da historia.

e  poderás descubrir máis premendo na súa páxina oficial:
http://www.apalpador.com/
e tamén no seguinte enlace, no que temos unha boa recompilación de recursos:
RECURSOS "O APALPADOR"           
Na nosa biblioteca están os contos: "O apalpador", "Antón e o apalpador" e "O Apalpador e a Castaña Máxica" . Tamén se poden ler clicando nas seguintes portadas:
                      

Resultado de imagen de o apalpador e a castaña máxica

E no seguinte vídeo:


E... para cantar e bailar:


mércores, 13 de decembro de 2017

"Arte na Biblio"

Levamos case un trimestre traballando arredor da Arte e o resultado dese esforzo xa está enchendo os recunchos do cole... Piquín disfruta coa exposición de fermosos cadros que van enchendo o seu museo e o teñen engaiolado.



domingo, 3 de decembro de 2017

"Dereitos Humanos"

O día 10 de Decembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
http://www.un.org/es/events/humanrightsday/
Clicando na imaxe podemos atopar máis información sobre este día e o seu significado.
E tamén nos gusta recordar para esta data unha frase de Mandela:
"A Educación é a arma máis poderosa que podemos usar para cambiar o mundo"
O Ceip Mestres Goldar traballou na recompilación de recursos que puxo a disposición de todos nós. Grazas a todos os implicados neste traballo:
DEREITOS HUMANOS
E na seguinte canción, Dereitos Humanos o mellor instrumento:

"3 de Decembro: Día Internacional da Discapacidade"

O 3 de decembro  commemórase o  "Día Internacional das Persoas con Discapacidade". Foi proclamado como Día Internacional no 1992 coa intención de fomentar unha maior  integración na sociedade destas persoas. Naceu acompañado de medidas orientadas á mellora da calidade de vida  das persoas con discapacidade e na procura da igualdade de oportunidades para elas.
Polos dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade:

mércores, 22 de novembro de 2017

"25 de Novembro"

O día 25  de novembro foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.
Na escola  traballamos na transmisión de valores, normas e actitudes que favorezan os comportamentos de respecto cara os demais, o respecto pola igualdade e a dignidade de toda persoa.
Nas etapas de Educación Infantil e Primaria os nenos e nenas desenvolven determinados procesos de socialización e construción de valores sociais nos cales a coeducación xoga un importante papel.
            
Nestes procesos  vense implicados os distintos medios nos que transcorre a vida dos nen@s e as súas familias: barrio, escola, amizades,... contribuíndo todos eles á transmisión de modelos que deberán ser o máis equilibrados posible.

A continuación podedes atopar diferentes recursos recompilados por outros centros. Grazas aos que compatiron as seleccións:
cpidacañiza
mestresgoldar

E... un par de vídeos recomendables

        

        TOLERANCIA CERO A TODO TIPO DE MALTRATO


"Fotos Magosto 17"

Xa temos fotos do Magosto deste outono. Queredes velas???
Clicade na imaxe aquí abaixo
Imagen relacionada

mércores, 8 de novembro de 2017

"Magosto"

O magosto xa chega e no cole estamos preparando xogos e castañas. Será o vindeiro venres día 10 e seguro que pasaremos un gran día.
Clicando na foto podedes atopar información sobre a súa orixe.
Resultado de imagen de magosto

Si queredes máis información e recursos podedes atopalas en:
RECURSOS MAGOSTO

"Samaín 17"

Celebramos o Samaín e o cole encheuse de cabazas, pantasmas, bruxas, monstros... 
Na biblioteca disfrutamos de contacontos de medo, os corredores convertéronse en terroríficos pasadizos e no salón de actos tivemos aterradoras actuacións musicais . 
Foi o Samaín... e todos - grandes e pequen@s -pasámolo de ¡¡Medo!!
Clica na foto para ver as reportaxes do día:

martes, 24 de outubro de 2017

"Samaín"

Chega o Samaín, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
Pero... sabedes que o Samaín  é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta? Se estades interesad@s na súa orixe premede no seguinte enlace:
No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades:
- Contacontos de medo na Biblioteca
- Emisión radiofónica de poemas referentes ao Samaín
- Exposición de cabazas nos corredores do colexio
- Actuacións musicais
Na biblioteca temos preparada unha terrorífica exposición de contos, dará medo abrilos???
Disfrutade co seguinte vídeo, cheo de pantasmas, bruxas...


Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
RECURSOS SAMAÍN
ou debaixo da cabeceira en RECURSOS e  atoparedes moitos máis.
GRAZAS a tod@s os que elaboraron todos estes recursos e os compartiron para que os demais poidamos utilizalos.

"Día das Bibliotecas Escolares"

A biblioteca escolar é uns dos principais recursos do centro educativo. Polos seus obxectivos, polos servizos, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar debe ser un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e ademais contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo.
O 24 de OUTUBRO celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares".
Para esta data Piquín quere agasallarnos cunha sorpresa:
as novas Mochilas Viaxeiras para este curso 2017-2018
e ademais deixarnos un pequeno vídeo e a foto co lema deste ano que é o seguinte:
"Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar"
                       
Para ler máis...
BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

xoves, 28 de setembro de 2017

¡¡¡PREPARADOS PARA ABRIR!!!

Estamos rematando setembro e xa listos para abrir a nosa porta...
O gran día será o 9 de OUTUBRO!!!
Pero antes, na vindeira semana, do 2 ao 6 de outubro estades todas e todos invitados a visitarnos. Temos un montón de novidades que contarvos e queremos presentarvos o proxecto deste ano:
"A BIBLIOTECA DOS ARTISTAS"
Pois si... Arte, temos moito que investigar xuntos,  descubriremos artistas famosos e outros non tan coñecidos, buscaremos o artista que todos levamos dentro, pero... sabemos que é un ARTISTA???
Esa será unha das grandes dúbidas que deberemos resolver.
Xa temos unha relación de recursos no apartado de proxectos que iremos ampliando ao longo destes días e que podedes consultar.
Agardamos que disfrutedes ao longo do curso con esta nova proposta.
Para ir abrindo paso comezamos con algún que outro vídeo:


E tamén:

luns, 18 de setembro de 2017

CHEGOU SETEMBRO E...

O novo curso 2017-2018 xa botou a andar. A biblioteca estase preparando un ano máis para abrir as súas portas. Será en breve, así que, permanecede atentos!!!
e por suposto
Benvid@s de novo ao cole.
Temos novas propostas para investigar e divertirnos xuntos, moi pronto recibiredes pistas ao respecto pero mentres e para comezar deixamos este vídeo que esperamos sexa do voso agrado:

domingo, 25 de xuño de 2017

"Boas vacacións"

Xa chegaron as vacacións... pero antes de rematar, na última semana, quixemos despedir aos bibliotecarios cun pequeno agasallo para agradecerlles o seu gran traballo ao longo do curso.

Algúns voltarán en setembro, outros comezarán unha nova etapa. Boa sorte e boas vacacións a todas e todos.

"Actividades Unesco"

Antes de irnos de vacacións queremos presentarvos o resumo dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no cole e que foron propostas polo equipo Unesco.
Aquí deixamos unha presentación sobre o requeixo, actividade feita na biblioteca na primeira semana de xuño e da que todas e todos poidemos disfrutar.

Tamén tivemos unha exposición sobre o Atlántico na que colaboraron as familias coa elaboración dos traballos

domingo, 4 de xuño de 2017

"Guía de lecturas para o verán"

Xa están chegando as vacacións e nós xa temos preparada a nosa Guía de Lecturas. Aínda quedan unhas semanas de clase, pero para que vaiades preparando a vosa mochila de praia, río, piscina... sempre cun libro a man!!


"Obradoiro de Requeixo"

Dentro das últimas actividades do curso e organizada polo equipo de Unesco tivemos unha estupenda actividade na biblioteca.
Fixemos un obradoiro de requeixo. A señora Ester veu explicarnos de onde sae o requeixo e como se fai, seguindo sempre a elaboración artesanal que ela coñece dende hai anos. 
Ao rematar o obradoiro e despois de 2 días de callado poidemos saborear o requeixo nas diferentes titorías. Moitas gracias!!




"Letras Galegas 17"

"O cole que queremos" foi o lema da nosa biblioteca na Semana das Letras Galegas, e aquí está o mural coas suxestións que entre tod@s quixemos deixar expostas.
Aquí vos deixamos un resumo do paso das diferentes titorías pola biblioteca na semana das Letras Galegas para participar na Olimpiada que Piquín tiña preparada para tod@s. Esperamos que sexa do voso agrado. 

luns, 15 de maio de 2017

"Recunchos Letras Galegas 2017"

Xa chegan as Letras Galegas 17 e xa todo está preparado e esperando que todas e todos pasedes bos momentos na biblioteca coa nosa proposta de actividades.
Aquí tendes os recunchos xa preparados:





As actividades xirarán arredor do autor Carlos Casares e do proxecto “EMOCIÓNATE CON NÓS!!”.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na  biblioteca  atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con carteis de cores e o Nº correspondente do seguinte xeito:
-          Recuncho 1     (amarelo)
-          Recuncho 2     (azul)
-          Recuncho 3     (verde)
-          Recuncho 4     (vermello)
-          Recuncho 5     (laranxa)
Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas en función do nivel:

Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requiridos relacionados coa bibliografía do proxecto e Carlos Casares /// crebacabezas de portadas dos libros máis coñecidos de Carlos Casares  
Recuncho nº 2, pasatempos: completar sudokus e palabras enlazadas propostos que deberán resolver en equipo /// completar un sudoku en equipo
Recuncho nº 3, retrato: cada equipo fará un retrato do autor seguindo a estrutura de Folio Xiratorio e tendo como modelo unha das fotos de Carlos Casares.
Recuncho nº 4, mural: Cada equipo decidirá 5 elementos ou aspectos do cole que queren mellorar. Elixirán unha ficha de cor numerada das que atoparán na bandexa no recuncho. Cada nen@ escribirá unha mellora nunha das ringleiras /// elexir entre as fotos do recuncho aquelas que representen as melloras que nos gustarían para o cole.  
Cando rematen pegarán a ficha no lugar do mural que decidan para ir completando con todas as suxestións.
Recuncho nº 5, panel: completar os datos sobre a biografía de Carlos Casares e  composición dun collage con fotos e textos sobre a vida e obra de Carlos Casares- A3.  /// composición dun collage con fotos e textos de Carlos Casares - A3.
Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno
En cada recuncho  haberá un  sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 comeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…