luns, 4 de xuño de 2018

"Lecturas para este verán 2018"

Xa estamos en xuño e aínda que nos quedan algúns días de clase...o verán peta na porta e chega o tempo de facervos  unhas recomendacións lectoras con moita arte. 

Para ler na casa, na praia, no parque... ou viaxar a outra galaxia. Esperamos que con elas disfrutedes e vos fagan chegar tan lonxe como a vosa imaxinación vos queira levar.

"Xincana Letras Galegas 18"

Ao  longo de 2 semanas todas as titorías baixaron á biblioteca para percorrer os diferentes recunchos que alí estaban preparados.
Cada equipo tiña ben claras as súas tarefas e durante un bo rato aprenderon e xogaron con Mª Victoria Moreno a través da Arte.