domingo, 30 de decembro de 2018

"Peixiños no Lérez"


Aínda que xa no Nadal... non esquecemos que a entrada da biblioteca vai collendo forma e os nosos poetas van amosando as súas obras.


Moitos peixiños cos seus poemas nadan xa no noso Lérez, irán chegando máis e pronto as augas do río lucirán ben fermosas.

xoves, 20 de decembro de 2018

"A Biblioteca no patio"

A biblioteca saiu ao patio e tivemos un tempo de lecer diferente. Foi todo un éxito que algúns xa pediron repetir... Terémolo en conta para os vindeiros trimestres.
Todas e todos poidemos disfrutar cos libros, algúns de xeito individual, outros compartindo lecturas e tamén houbo contacontos improvisados entre maiores, medianos e pequenos. 
Deixamos algunhas fotos desta xornada especial.








martes, 18 de decembro de 2018

"Recomendacións lectoras para este Nadal 2018"

Xa casi estamos de vacacións de Nadal, pero antes de marchar Piquín quere deixarnos algunhas recomendacións para que disfrutemos nestes días de descanso. Para ler en solitario, para compartir, para viaxar lonxe moi lonxe, para soñar, para vivir aventuras.... e todo aquelo que poidades imaxinar.

domingo, 16 de decembro de 2018

"A Biblioteca sae ao patio"

Achégase o Nadal e... para rematar este primeiro trimestre queremos unha vez máis sacar a biblioteca ao patio e compartir con tod@s un tempo de lecer diferente.
Ao longo desta última semana de decembro e coa supervisión d@s bibliotecari@s poderemos disfrutar dun recreo de lectura en diferentes recunchos do patio. Aproveitaremos esta ocasión para presentar algúns dos tesouros agochados na biblioteca e esperamos que os disfrutedes con nós.
                          

domingo, 2 de decembro de 2018

"Achégase o Nadal"

Nestes días de decembro imos adicar parte do noso tempo a preparar  cancións que nos gustan moito a todas e todos. Algúns xa empezaron e aquí compartimos algunha das pezas para que poidades pasar un bo anaco con elas.

luns, 26 de novembro de 2018

" A Compostaxe"

Ao longo desta semana todo o cole vai estar traballando arredor da compostaxe. Dende a biblioteca fixemos unha selección de bibliografía relacionada co tema. Algúns dos títulos que podedes atopar son os seguintes;