venres, 22 de decembro de 2023

"As nosas Carteleiras"

Este trimestre, traballando arredor do cine, elaboramos diferentes carteleiras coas nosas pelis favoritas. Aquí volas deixamos para que poidades botarlles unha ollada.


E con esta presentación rematamos o trimestre. Soamente nos queda desexarvos 
BOAS FESTAS 

"Biblioteca ao patio"

Na última semana de decembro, antes das vacacións, quixemos aproveitar o bo tempo e os días de soliño para sacar a Biblioteca ao patio. Así o fixemos e queremos deixarvos unhas imaxes desa xornada:











luns, 11 de decembro de 2023

"Recomendacións lectoras Nadal 23"

Decembro xa chegou, as vacacións de Nadal xa están aquí. Como todos os anos Piquín non quere marchar de vacacións sen deixarvos as súas recomendacións lectoras.
Un libro é un estupendo compañeiro a calquera hora, para vivir aventuras, para viaxar, para soñar...
Aquí vos deixamos a Guía de Nadal 2023:




luns, 4 de decembro de 2023

"O Apalpador"

Moito antes de que Papá Noel chegase a Galicia , xa existía nestas terras  alguén moi importante no Nadal:
"O Apalpador"
A historia conta que o apalpador vivía nas montañas do Courel e que en Noiteboa...
Queres seguir???, poderás descubrir máis premendo na súa páxina oficial:
 http://www.apalpador.com/
e tamén nos seguintes enlaces, nos que temos unha boa recompilación de recursos:
CEP de Ventín    
Grazas a todas as persoas que elaboraron estes recursos e compartiron o seu traballo.
Na nosa biblioteca están os contos, (tamén se poden ler ou ver clicando nas portadas):
                      

E... para cantar e bailar: 


E para ter en conta nos días que chegan, deixamos este video sobre unha campaña de xogos e xoguetes non sexistas nin violentos... para reflexionar todas e todos un pouquiño


mércores, 29 de novembro de 2023

"Piquín e o Cine"

Como sabedes este ano estamos traballando arredor do cine, investigando sobre a súa evolución dende os inicios ata a actualidade e máis aló.
E así tentamos reflectilo na entrada da biblioteca:



luns, 27 de novembro de 2023

"3 de Decembro: Día Internacional das persoas con Discapacidade"

O día 3 de decembro  commemórase o  "Día Internacional das Persoas con Discapacidade". Foi proclamado como Día Internacional no ano 1992 coa intención de acadar unha verdadeira inclusión das persoas con discapacidade na sociedade. Naceu acompañado de medidas orientadas á mellora da calidade da súa vida e na procura da igualdade de oportunidades para elas.
Na pestana de Boas Prácticas podedes atopar unha estupenda carteleira inclusiva compartida anteriormente pola nosa compañeira Lola.
E aquí para comezar, "polos dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade":


    

E tamén un capítulo dos Bolechas xogando no recreo que rematará na procura dun patio inclusivo. Creación de Pepe Carreiro e producción de Lua Ideas


Para rematar algo de música


martes, 21 de novembro de 2023

"25 de Novembro"

día 25 de novembro foi declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Na escola, ao longo do curso,  traballamos na transmisión de valores, normas e actitudes que favorezan os comportamentos de respecto cara os demais, o respecto pola igualdade e a dignidade de toda persoa.
Nas etapas de Educación Infantil e Primaria os nenos e nenas desenvolven determinados procesos de socialización e construción de valores sociais nos cales a coeducación xoga un importante papel.
            
Nestes procesos  vense implicados os distintos medios nos que transcorre a súa vida e a das súas familias: barrio, escola, amizades,... contribuíndo todos eles á transmisión de modelos que deberán ser o máis equilibrados posible.

A continuación podedes atopar diferentes recursos recompilados por outros centros. Grazas aos que compatiron as seleccións:
cpidacañiza
Educando en igualdade

E... algúns vídeos recomendables


  

        TOLERANCIA CERO A TODO TIPO DE MALTRATO




 
 Entre os contos da biblioteca podedes atopar os seguintes:

ç

venres, 3 de novembro de 2023

"Magosto"

O magosto xa chegou e no cole preparamos cancións, contos... todo canto se precisa para celebralo.
Este ano celebraremos o "Magosto" co axuda do castañeiro. Virá asar as castañas e logo poderemos degustalas. Será o Venres 10.
Clicando na foto podedes atopar información sobre a súa orixe.

Imagen relacionada
Si queredes máis información e recursos podedes atopalas en:
RECURSOS MAGOSTO

martes, 24 de outubro de 2023

"Samaín"

O Samaín vai chegando, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
Pero... sabedes que o Samaín  é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta? Se queredes máis información sobre a súa orixe premede no seguinte enlace:
SAMAÍN
No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades:
- Exposición de cabazas nos corredores do colexio
- Actuación do Mago Paco
- Contacontos nas aulas
- Terrorífica exposición de contos na biblioteca, dará medo abrilos???
- Día de disfraces voluntarios: martes 31
Para comezar, disfrutade co seguinte vídeo, fala de pantasmas, monstros... sodes quen de escoitalos?

 
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
ou debaixo da cabeceira en RECURSOS e  atoparedes moitos máis.
GRAZAS a todas as persoas  que elaboraron estes recursos e os compartiron para que os demais poidamos utilizalos.

xoves, 19 de outubro de 2023

"Día das Bibliotecas Escolares"

A biblioteca escolar é uns dos principais recursos do centro educativo. Polos seus obxectivos, polos servizos, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar debe ser un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e ademais contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo.
24 de OUTUBRO celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares".
Para esta data Piquín quere agasallarnos cunha estupenda sorpresa:
As novas  Mochilas Viaxeiras e Caixas de Libros  para este curso 2023-2024 


e... ademais, deixarnos un pequeno vídeo e a foto co lema deste ano que é o seguinte:
"Unha Biblioteca Escolar en viñetas"
 
 
                
Para ler máis...
BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

venres, 29 de setembro de 2023

"Benvida"

Ola a todas e todos!! 
Comezamos xa e queremos darvos a BENVIDA a este novo curso 2023-2024.
As vacacións remataron e a biblioteca pronto estará preparada para botar a andar. 
Piquín ten case todo disposto para abrir, o gran día será o vindeiro 9 de OUTUBRO.
Pero antes, nas vindeiras semanas, a partir do 2 de outubro estades todas e todos invitados á presentación que faremos para cada titoría. 
Teredes a oportunidade de coñecer moitas novidades e a fermosa proposta que imos desenvolver ao longo de todo o ano: "HISTORIAS DE CINE".
Imaxinades xa a de cousas que imos descubrir?, para ir entrando en materia aquí tendes algunha curta que darán moito que falar:




Xa temos unha relación de recursos para comezar a investigar e iremos engadindo outros novos ao longo deste primeiro trimestre. 
Clicade en Piquín, aquí debaixo, para acceder aos mesmos:

Tamén podedes chegar clicando arriba na pestaña "Os Nosos Proxectos"
Seguro que xuntas e xuntos faremos interesantes descubrimentos.
Agardamos atoparvos na biblio.
Ata pronto

luns, 19 de xuño de 2023

"Boas vacacións verán 23"

Xa está aquí o verán, pero antes de marchar queremos agradecer a toda a comunidade educativa, persoal do centro, alumnado e familias, o traballo e esforzo realizado, no cole a na casa, ao longo deste curso. 

A todas e todos aqueles que comenzades unha nova etapa, MOITA SORTE no voso camiño.
Aos que ides seguir en setembro,  agardamos vervos con moitas novidades e, por suposto, un novo proxecto por diante.

Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole 
¡¡¡Boas Vacacións e Bo verán!!!

martes, 6 de xuño de 2023

"A Caca Cuca viaxa a U.K."

Esta semana, tivemos a sorte de contar novamente con Irene Alonso no cole. 
Irene é autora do libro "A Caca Cuca", o cal presentou no curso pasado para o alumnado de Ed. Infantil. 
Nesta ocasión viu presentarnos o seu novo traballo:
"A Caca Cuca viaxa a U.K."
Fixo unha fantástica sesión de contacontos para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, na que desfrutaron tanto alumnado como profesorado.

Moitas Grazas por compartilo con nós.
E aquí vos deixamos algunhas fotos máis da xornada: