mércores, 29 de maio de 2019

"As nosas Recomendacións lectoras do verán 2019"

Estamos as portas de xuño, recta final para a chegada das vacacións de verán. Imos deixarvos xa as nosas recomendacións bibliográficas para que poidades ir enchendo a mochila. Vaiades onde vaiades, sexan cales sexan os vosos plans, un bo libro sempre vos fará soñar. Así que esperamos sexan do voso agrado para ler na praia, no monte, na casa... ou onde queirades que vos acompañen.

martes, 28 de maio de 2019

"Reportaxe sobre as Letras 19"

A nosa Xincana rematou e todo o cole pasou pola biblioteca para  a realización das actividades propostas. Foron 2 semanas ben intensas, pero todo resultou moi ben e grandes e pequenos desfrutaron dos recunchos previamente preparados. 
Aquí tendes xa algunhas das imaxes destas xornadas.

sábado, 11 de maio de 2019

"Recunchos Letras Galegas 19"

Xa todo está preparado e empezaremos dúas semanas ben cargadiñas de actividade na biblioteca. As Letras Galegas 2019 serán no cole protagonistas dende o luns 13 ata o venres 24.



E antes de dar paso a estas 2 semanas, o venres 10 tivemos no cole a Montse cunha actividade sobre o traxe galego. Con ela iniciamos o percorrido polo traballo feito por Antón Fraguas sobre as tradicións galegas. Montse explicounos como era a vestimenta en Galicia fai moitos anos e como se chamaban cada unha das prendas utilizadas.



luns, 6 de maio de 2019

"Letras Galegas 19"

Xa estamos no mes de maio e o venres 17 terá lugar a celebración do Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Antón Fraguas, historiador e etnógrafo , natural de Cotobade.
Destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a sua biografía e obra e tamén ver algún vídeo relacionado:
http://seminariogalan.org/
https://primaveradasletras.gal/
http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
Resultado de imagen de anton fraguas letras galegas 2019
No cole traballaremos arredor deste escritor e do Día das Letras Galegas cunha pequena xincana entre o 13 e o 24 de maio na que participarán todas as titorías.
Será na biblioteca e pronto vos contaremos como se levará a cabo.
Mentres deixámosvos con esta canción que esperamos disfrutedes. Trátase dunha adaptación feita polo CEIP Plurilingüe O Mosteirón de Sada e o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña.

Gracias a todos os que colaboraron na elaboración dos diferentes materiais e os fixeron públicos para compartilos.

domingo, 5 de maio de 2019

"Exposición Mes de Abril"

Xa temos rematada a nosa exposición de fotos sobre poetas e poetisas galegos. Gracias a colaboración das familias as entradas do cole aparecen así de fermosas. 

 




"Abril, Mes do Libro"

O mes de Abril estivo cheo de actividades no cole arredor do Libro. Empezamos a nosa programación especial co intercambio programado co Ceip A Xunqueira I para compartir contos. Os maiores do centro viñeron ao noso cole para contar historias aos nenos e nenas de Ed. Infantil. Resultou unha moi grata xornada coa que todos e todas disfrutamos moito.
Pero iso non foi todo.  
O día 23, na hora de ler, o alumnado de 6º foi por todas as aulas contando contos coa axuda de  títeres, kamishibai... e facendo disfrutar a todas e todos con historias elaboradas por eles mesmos. Foi un apadriñamento lector moi especial.

 O día 24 a biblioteca saiu ao patio e todo o alumnado puido disfrutar da lectura na hora do recreo.

 E por último os bibliotecarios voluntarios contaron contos aos pequenos na biblioteca e rematamos a semana cunha sesión de cine na biblio.