venres, 29 de setembro de 2023

"Benvida"

Ola a todas e todos!! 
Comezamos xa e queremos darvos a BENVIDA a este novo curso 2023-2024.
As vacacións remataron e a biblioteca pronto estará preparada para botar a andar. 
Piquín ten case todo disposto para abrir, o gran día será o vindeiro 9 de OUTUBRO.
Pero antes, nas vindeiras semanas, a partir do 2 de outubro estades todas e todos invitados á presentación que faremos para cada titoría. 
Teredes a oportunidade de coñecer moitas novidades e a fermosa proposta que imos desenvolver ao longo de todo o ano: "HISTORIAS DE CINE".
Imaxinades xa a de cousas que imos descubrir?, para ir entrando en materia aquí tendes algunha curta que darán moito que falar:




Xa temos unha relación de recursos para comezar a investigar e iremos engadindo outros novos ao longo deste primeiro trimestre. 
Clicade en Piquín, aquí debaixo, para acceder aos mesmos:

Tamén podedes chegar clicando arriba na pestaña "Os Nosos Proxectos"
Seguro que xuntas e xuntos faremos interesantes descubrimentos.
Agardamos atoparvos na biblio.
Ata pronto

luns, 19 de xuño de 2023

"Boas vacacións verán 23"

Xa está aquí o verán, pero antes de marchar queremos agradecer a toda a comunidade educativa, persoal do centro, alumnado e familias, o traballo e esforzo realizado, no cole a na casa, ao longo deste curso. 

A todas e todos aqueles que comenzades unha nova etapa, MOITA SORTE no voso camiño.
Aos que ides seguir en setembro,  agardamos vervos con moitas novidades e, por suposto, un novo proxecto por diante.

Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole 
¡¡¡Boas Vacacións e Bo verán!!!

martes, 6 de xuño de 2023

"A Caca Cuca viaxa a U.K."

Esta semana, tivemos a sorte de contar novamente con Irene Alonso no cole. 
Irene é autora do libro "A Caca Cuca", o cal presentou no curso pasado para o alumnado de Ed. Infantil. 
Nesta ocasión viu presentarnos o seu novo traballo:
"A Caca Cuca viaxa a U.K."
Fixo unha fantástica sesión de contacontos para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, na que desfrutaron tanto alumnado como profesorado.

Moitas Grazas por compartilo con nós.
E aquí vos deixamos algunhas fotos máis da xornada:



luns, 5 de xuño de 2023

"Podcast sobre Pokémon"

Como remate do proxecto deste ano, Pokémons na Biblio, o alumnado de 6º de Ed. Infantil decidiu elaborar varios podcast.
Non sería posible facer este traballo sen a colaboración da familia de Alexandre, Teresa e Xabi, que se encargaron de preparar todo o necesario e facer as grabacións. Moitas grazas aos 3.
Fixemos grabacións por equipos nas que falamos dos nosos pokémons favoritos, ou sexa os que temos nos nosos equipos. Aquí podedes escoitarnos:

       squirtel-A             
 rowlet-B       
 raichu-A        
raboot-B         
pikachu-A       
pikachu-B       
eevee-A           
bulbasaur-B     
charmander-A  
charmander-B     

Debaixo podedes botar unha ollada aos momentos de grabación

domingo, 4 de xuño de 2023

"Día do Medio Ambiente 23"

"Sin contaminación por plásticos"
400 millones de toneladas de plástico 
Es la cifra de plásticos que se producen a nivel mundial cada año. 

O día 5 de Xuño celébrase o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano, co lema "Sin contaminación por plásticos" preténdese concienciar sobre o desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente.
Para alcanzar este obxectivo invítase:
- Ás persoas a mellorar os seus hábitos de consumo
- Ás empresas a desenvolver modelos máis ecolóxicos
- Aos gobernos a protexer as zonas salvaxes
- Ao profesorado a educar en valores naturais


No cole, seguimos traballando na horta, na elaboración do compost cos restos das merendas e, por suposto, facendo especial fincapé na recollida selectiva de papel, plásticos, pilas...
Aquí tendes uns cortos relacionados con este tema que poden servirnos de inspiración para continuar mellorando as nosas accións:



martes, 30 de maio de 2023

"Recomendacións lectoras verán 23"

Xa estamos en xuño e aínda que nos quedan un par de semanas para as vacacións de verán, aquí tendes as nosas recomendacións lectoras deste ano. 
Agardamos que as desfrutedes vaiades onde vaiades: praia, bosque, parque, cidade... calquera lugar serve para ler e se queredes tamén compartir.

sábado, 27 de maio de 2023

"Letras Galegas, actividade na biblio"

A celebración das Letras Galegas coa xincana na biblio fixo que a actividade non parase ao longo de 2 semanas neste espazo.
Participaron todas as titorías e todo o mundo acadou a meta resolvendo as 3 tarefas propostas. Ao rematar cadaquén recibiu a súa Medalla por participar. 
O día 11 os recunchos estaban preparados e o alumnado disposto para comezar.




E debaixo unha mostra da participación do alumnado de 6º de Primaria nas súas derradeiras Letras Galegas no cole :



Unha das tarefas propostas tiña como obxectivo a elaboración dun mural con retratos das persoas homenaxeadas ao longo dos 60 anos das Letras Galegas. Para ver máis imaxes da participación nestas xornadas podedes acceder á Galería da web do centro clicando na seguinte imaxe co resultado final dese mural: