venres, 10 de maio de 2013

"Os Maios"

O 30 de abril fixemos o Maio no cole e así o cantamos.
 


"Abril , mes dos libros"

O mes de abril celebramos no cole o Mes dos Libros. Entre as actividades programadas tivemos a nosa exposición "ENTRE LIBROS" con fotos lendo por diferentes rincóns das casas  e o "APADRIÑAMENTO" no que participou todo o alumnado ao longo de 3 días. As dúas actividades foron todo un éxito e como a exposición de fotos quedou tan chula decidimos deixala ata finais de curso na entrada do colexio.
A continuación podedes ver unha mostra-resumo destas actividades. Esperamos vós guste.




Contos e máis 

xoves, 9 de maio de 2013

"Vidal Bolaño"

O vindeiro 17 de Maio terá lugar a celebración do Día das Letras Galegas este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño. O homenaxeado nesta ocasión foi un home enteiramente adicado ao teatro, exercendo como dramaturgo pero tamén moi involucrado con outras facetas relacionadas co mundo da representación. En numerosas ocasións foi actor, iluminador, escenógrafo...
Aquí aparecen diferentes actividades relacionadas coa súa vida e obra adaptadas aos diferentes ciclos de infantil e primaria compartidas polo equipo do Ceip de Mallón. Grazas polo voso traballo.
                                          Actividades 3º ciclo
                                              Actividades  2º ciclo
                                              Actividades 1º ciclo
                                           Actividades Ed. Infantil
Podedes atopar máis recursos nos seguintes enderezos:
Grazas a todos os que traballaron e compartiron as súas recompilacións.