domingo, 23 de abril de 2017

"Un lapis e unha goma"

Esta foi a proposta do noso cole para recoller materiais escolares e donalos aos nenos e nenas sirios que viven no campamento de refuxiados de Azraq.
Ademais da recollida de lapis e gomas todas e todos quixemos agasallalos cos nosos debuxos, algúns deles aparecen na reportaxe que Diario de Pontevedra publicou sobre esta iniciativa do CEIP de Tenorio.


sábado, 1 de abril de 2017

"Mes do libro 2017"

Como cada ano ao longo deste mes de abril  temos de protagonista:
"O LIBRO". 
Recórdanse títulos e por suposto autores que están na mente de todos e todas. Faise mención especial ao libro infantil e xuvenil no día 2 de abril, data na que naceu Hans Christian Andersen no 1805. Este escritor e poeta danés é coñecido  mundialmente polos seus contos para nenos e nenas. A IBBY declarou esta data Día Internacional do Libro Infantil e así lembrar a importancia de ofrecer libros axeitados a todos os nenos e nenas que os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Para saber máis deste autor clicka na súa foto e atoparás un lim con interesantes actividades elaborado por Julia González, mestra do Ceip Mestres Goldar. (Grazas por compartilo)

O 23 de abril é a 2ª data simbólica do mes no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos autores.
Ao longo deste mes e para celebrar estas datas especiais, no cole faremos as seguintes actividades:
  • Exposición de fotos/debuxos das "portadas dos nosos libros e pelis favoritas", sinalando  o que nos fixeron sentir e elaborada coa colaboración das familias do centro.
  • Exposición de libros que teñen como protagonista o libro.
  • Apadriñamento lector por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria con todo o cole para compartir historias, lendas... contadas dos nenos e nenas maiores aos máis pequenos.
Aquí vos deixamos uns vídeos relacionados cos libros e a lectura