O Equipo de Biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela deséxavos un Feliz Nadal cheo de ilusión, paz e bos momentos. Que estas festas veñan cargadas de boas lecturas, calor no fogar e moitos sorrisos.
venres, 19 de decembro de 2025
🎄✨ Guía de Nadal 2026 ✨🎄
Chega o Nadal e, con el, un momento perfecto para relaxarse, entrar en calor e deixarse levar polas boas lecturas. Piquín, sempre disposto a compartir recomendacións especiais, preparou unha coidada selección para estas festas.
Esta Guía de Nadal 2026 reúne libros para ler e gozar en familia, pensados para os días de inverno na casa, cunha bebida quente e moita imaxinación. Porque nestas datas, poucos agasallos son tan especiais como unha historia que nos emocione, nos faga rir ou soñar.
✨📖 Boas lecturas e bo Nadal! 🎄
luns, 1 de decembro de 2025
🎄 Chega o Nadal á nosa biblioteca!
A maxia do Nadal inunda de novo a nosa querida Biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela! Queremos que este tempo de festas sexa aínda máis especial e por iso preparamos todo con moita ilusión.
Vinde descubrir o que temos listo para vós este Nadal 2025:
🎄 Unha decoración máxica e acolledora: a nosa biblioteca brilla máis que nunca! Podedes atopar a nosa árbore de Nadal lista para recibir as vosas visitas, xunto con outros recunchos adornados que vos farán sentir o espírito destas datas dende o primeiro momento.
📖 A nosa sección de libros de Nadal: xa está dispoñible a nosa selección de novidades e clásicos de Nadal. Contos emocionantes sobre os Reis Magos ou Papá Noel, lendas de inverno, historias de solidariedade e moitas aventuras agardan por vós. Non perdades a ocasión de levar para casa a lectura perfecta para as vacacións! Este ano hai moitas novidades!
✉️ O noso Buzón dos Desexos: Un ano máis, instalamos o noso buzón especial para recoller todas as vosas cartas. Estades a tempo de facer chegar os vosos mellores desexos a Papá Noel, ao noso amigo o Apalpador ou aos Reis Magos de Oriente. Recordade: os desexos deben saír do corazón!Agardámosvos na biblioteca para compartir a ilusión do Nadal!
Felices Festas e un 2026 cheo de lecturas! 🎁
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


