martes, 27 de xaneiro de 2026

🎥🌟 Estrea de películas na nosa biblioteca

 Temos moi boas noticias! A nosa sección de películas vén de renovarse debido á grande demanda de préstamos que tivemos desde o curso pasado. Incorporamos novos DVD con filmes actuais e moi populares de Disney, Pixar e outras produtoras, pensadas para gozar en familia.

Entre os novos títulos pódense atopar Wish, Vaiana, Super Mario Bros, Elemental ou Raya e o último dragón, entre outros. Animámosvos a achegarvos á biblioteca e descubrir estas novidades que xa están dispoñibles para préstamo. 🎬📀


martes, 20 de xaneiro de 2026

🕊️ Día Escolar da Paz e a Non Violencia 2026 🕊️

 Continuamos este mes de xaneiro lembrando unha data moi especial: o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que celebraremos o vindeiro xoves 30. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta conmemoración cunha pequena exposición de libros sobre a paz, a convivencia e o respecto, dispoñibles para ler na biblioteca
ou levar en préstamo á casa. Animámosvos a descubrir estas lecturas e a compartilas en familia. 💙📚


xoves, 15 de xaneiro de 2026

✨📚 Novo ano, novas lecturas! 📚✨

 Comezamos este 2026 con moi boas novas: a nosa biblioteca énchese de novidades. Xa están colocados os novos libros, cheos de historias para todos os gustos e idades: contos, aventuras, risas, curiosidades… e moitas sorpresas máis.

Achégate á biblioteca, bota unha ollada e anímate a levar un libro.
Seguro que hai unha lectura agardando por ti. 💫📖

Porque cada lectura é unha nova aventura…