xoves, 20 de febreiro de 2014

"A LÚA"

Un corto moi lindo para todas as edades. Esperamos que vos guste.

domingo, 9 de febreiro de 2014

"Día da Paz no cole"

O 30 de Xaneiro celebramos no cole o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia". Cantamos todos xuntos, intercambiamos agasallos e abrazos cos nosos compañeiros e compañeiras e fomos ao patio para ver voar as pombas. Si queredes ver as fotos do día na aula virtual temos unha boa reportaxe.
Podemos acceder facendo click na seguinte foto


venres, 31 de xaneiro de 2014

"Remedio para...???"

No seguinte vídeo atoparedes posibles respostas. Esperamos que vos guste.

venres, 3 de xaneiro de 2014

"Ollos de aula"

A coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística no Ensino presentanos a revista "Ollos de Aula" para alumnado, familias e docentes.

mércores, 18 de decembro de 2013

"Recomendacións lectoras"

Piquín quere recomendarvos saborosas lecturas para estas vacacións. Son divertidas e apetitosas, algunhas sonoras e outras misteriosas, pero todas están esperando que as disfrutedes e pasedes unhas boas vacacións. Ata a volta


luns, 9 de decembro de 2013

"Nelson Mandela, defensor dos Dereitos Humanos"

"A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo"
Nelson Mandela (Madiba) foi presidente da República Sudafricana logo de pasar 27 anos no cárcere.
Estivo acusado de terrorismo e alta traición e condenado a cadea perpetua por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. Aínda estando no cárcere a súa loita non cesou. No ano 1990, aos 71 anos foi liberado, e no 1993 foi galardonado co Premio Nobel da Paz. O 10 de Decembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e Mandela foi o maior defensor destes dereitos do século XX. O su número de preso, o 46664 é un símbolo de liberdade. Aquí temos un vídeo feito polos compañeir@s do CEIP Saco e Arce como homenaxe a MADIBA. 

domingo, 10 de novembro de 2013

"Encontro Escolas Unesco"

Do 25 ao 27 de Novembro terá lugar en Pontevedra o "V Encontro Galego de Escolas Asociadas Unesco".
Co motivo do 60 aniversario da creación da Rede do Plan de Escolas Asociadas (PEA), o lema das xornadas será:
"60 anos de Educación en Liberdade".
Rapaces e rapazas do noso centro participarán neste evento con actividades no Pazo da Cultura e no centro da cidade.

venres, 1 de novembro de 2013

"Celebrando o Samaín"

Nesta semana celebramos o Samaín no cole, MEDO, MEDO E MÁIS MEDO, 
contos terroríficos, bruxas "espeluznantes", esqueletes polos corredores e máis, moito máis...
Comprobádeo por vós mesmos no vídeo que preparou a profe Ana de infantil. 
Grazas profe Ana, e grazas a tod@s por participar ao longo destes días decorando, contando, escoitando, bailando... e disfrutando do Samaín.

martes, 2 de xullo de 2013

"As máquinas no teatro"

Xa chegou o verán e marchamos de vacacións pero antes queremos amosarvos as derradeiras fotos deste curso sobre a actividade "As máquinas no teatro". Como ben sabedes este ano a biblioteca propuxo traballar no proxecto "As máquinas ao longo do tempo" e o homenaxeado nas Letras Galegas foi o escritor de teatro Vidal Bolaño. De ahí naceu esta actividade que foi do agrado de todos. Esperamos as disfrutedes e teñades un  BO VERÁN!
BOAS VACACIÓNS!!!  E ata a volta.

martes, 25 de xuño de 2013

"Contacontos na Biblioteca"

Este ano os nenos e nenas de Atención Educativa de 4º de Primaria traballaron moi duro todo o curso da man da profe María C. para elaborar os seguintes vídeo-contos. Fixeron as fermosas ilustracións que aquí temos, puxeron voz e son e queren compartir este fantástico traballo con todos nós sobre os contos:
 "Artur e Clementina" e "La vocecita".



Co traballo rematado fixeron unha posta en escena axudados do kamishibai para o alumnado de Ed. Ifantil e o 1º ciclo de Primaria. Todos eles disfrutaron moito da sesión.