martes, 17 de decembro de 2024

🎄 A Biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela vístese de Nadal! 🎅

 Xa está aquí o Nadal e na Biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela estamos máis festivos que nunca! Este ano quixemos celebrar estas datas tan especiais enchendo a nosa biblioteca de espírito de Nadal. Aquí tedes algunhas das novidades que vos esperan:

Unha árbore de Nadal espectacular
Decoramos un fermoso árbore de Nadal que loce con luces brillantes e adornos cheos de cor. É o centro da nosa biblioteca e está listo para que todos os que entrades poidades sentir a maxia destas datas.

📚 Sección especial de libros de Nadal
Por primeira vez, creamos unha sección específica de libros con temática de Nadal. Aquí atoparedes contos marabillosos sobre Papá Noel, os Reis Magos, o Apalpador e moitas aventuras propias desta época tan especial. Non deixedes pasar a oportunidade de descubrir historias que vos farán soñar!

💌 Buzón de Nadal
Este ano tamén instalamos un buzón de Nadal na biblioteca, onde os máis pequenos podedes deixar as vosas cartas dirixidas a Papá Noel o Apalpador e aos Reis Magos. Queremos que todas as vosas ilusións e desexos cheguen a tempo, así que preparade as vosas cartas e traédeas cando veñades a visitarnos!

Bo Nadal a toda a comunidade escolar do CEIP Manuel Vidal Portela! 🎁





luns, 9 de decembro de 2024

🎄✨ Guía de Nadal 2025 ✨🎄

Chega o Nadal e, con el, un tempo perfecto para parar, abrigarse e mergullarse en boas lecturas. Piquín, que non perde ocasión para recomendar historias inesquecibles, preparou unha selección especial para estas festas.

Esta Guía de Nadal 2025 recolle lecturas para compartir en familia, ideais para eses días longos de inverno na casa cunha taza quente entre as mans. Porque nestas datas, non hai mellor agasallo que un libro que nos faga sentir, sorrir e imaxinar.

Boas lecturas e bo Nadal!