luns, 1 de febreiro de 2016

"Día da Paz no cole"

O venres 29 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz.
Logo dunha semana chea de actividades: proxeccións, decoramos o cole con banderíns de cores cheos de palabras bonitas e cada día nos saludamos na entrada dun xeito especial (caricias, palabras bonitas, abrazos)... chegou o venres e fixemos unha solta de pombas no patio. Había outras actividades planexadas pero tiveron que ser aplazadas ao luns: manifesto, baile e canción do Himno da Alegría.
Se queredes saber máis, no blogue de Normalización Lingüística: Alborada do Lérez tendes fotos e comentarios do día. Clicade na seguinte imaxe para velas:
 

mércores, 23 de decembro de 2015

"Recomendacións lectoras"

Xa estamos no Nadal pero antes de empezar as súas vacacións Piquín quere deixarvos as súas recomendacións lectoras para estes días de descanso.
Esperamos que vos gusten, ¡¡¡Boas Festas!!!

venres, 11 de decembro de 2015

"HEFESTO 2015"

"HEFESTO" é un programa que se desenvolve en Pontevedra dentro das actividades da Casa Azul. 
Nel participan persoas con capacidades diferentes, membros de entidades moi diversas: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amanecer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de Personas Sordas de Pontevedra entre outros colectivos.
Ao longo do 2015 traballaron cos medios de comunicación sendo asesorados por profesionais de radio, prensa... para desenvolver as diferentes actividades.
Aquí temos o spot, adicado á cidade de Pontevedra, elaborado na edición deste ano:

E tamén o Making-Of a modo de resumo do HEFESTO 2015

venres, 4 de decembro de 2015

"Escola Unesco"

Dentro da rede de Escolas Unesco da cal formamos parte e coincidindo coa Cumbre sobre "O Cambio Climático", fíxose unha exposición de traballos en Paris relacionados con esta temática. O noso centro participou nesa exposición co envío de diferentes traballos plásticos.
Agora xa podemos velos no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste.

domingo, 29 de novembro de 2015

"Neira Vilas"

O autor de "Memorias dun neno labrego", Xosé Neira Vilas, faleceu este venres 27 na súa casa de Vila de Cruces. O pai de Balbino ademáis de un gran escritor foi un gran defensor da nosa língua.
Na súa traxectoria podemos atopar novela, periodismo, poesía... e neste 2015 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia pola súa labor. 
Para coñecer máis da súa vida e obra facede click na súa imaxe:

E tamén podemos escoitalo na seguinte entrevista:

Memorias dun neno labrego polo IES Pino Manso (Porriño). Grazas por compartilo

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas from biblioteca pino manso

mércores, 18 de novembro de 2015

¡BICHOS!... ¿QUE SERÁN?


 Xa sabedes o título do noso proxecto para este curso e tamén é certo que moitos de vós xa estades traballando nel. Pois a partir de agora a entrada da biblio estará ambientada acorde coa temática. Esperamos que vos guste. 

domingo, 8 de novembro de 2015

"Samaín"

O Samaín pasou polo cole e tivemos uns días moi atarefados:
pantasmas e esqueletos polos corredores, contos de bruxas, bailes terroríficos... e cabazas engalanadas para tal ocasión.
Na biblioteca tivemos contacontos de medo ao longo de toda a semana e si queredes ver as fotos destes días clicade na seguinte imaxe:


domingo, 4 de outubro de 2015

¡¡¡Abrimos Xaaaaa!!!

Outubro xa está aquí e a biblioteca comeza unha nova andadura con todos vós.
O DÍA 13 abriremos portas!!!
Pero antes esperamos a vosa visita para falar das novidades, compartir ideas e por suposto, presentarvos unha nova proposta para investigar xuntos: 
¡Bichos!...
    ¿Que serán?
Esta vez resulta fácil adiviñar de que falamos, necesitades pistas???,
aquí tendes un vídeo que vos pode aclarar ideas:

Non queda dúbida,  imos a investigar sobre "Bichos", grandes e pequenos, domésticos ou salvaxes, terrestres ou acuáticos... todos aqueles que se vos pasen pola cabeza.
Pronto teremos unha relación de recursos que iremos engadindo para consultar e agardamos que disfrutedes ao longo do ano cos vosos descubrimentos.
Ata pronto.

xoves, 18 de xuño de 2015

Contacontos kamishibai

Ao longo do curso o alumnado de Atención Educativa de 4º de Primaria xunto coa profe María de Ed. Física prepararon dous fermosos contos para o Kamishibai. Na primeira semana de xuño os nenos e nenas de Ed. Infantil e o 1º ciclo de Primaria tivemos o gusto de velos, escoitalos e disfrutar con eles.
Ademais fixeron un vídeo con cada un que aquí vos presentamos. 
Os contos titúlanse:
- La Tarta de Hadas
- Una Piedra extraordinaria


la tarta de hadas from Bibliopiquín on Vimeo.


una piedra extraordinaria from Bibliopiquín on Vimeo.

Contacontos 

mércores, 17 de xuño de 2015

"Letras Galegas 2015"

Celebramos no cole a semana das Letras Galegas e ademais de recompilar moita información sobre Galicia pasámolo estupendamente ben.
Aquí tendes algunhas fotos das diferentes xornadas. Agardamos que vos gusten. Os recunchos preparados polos diferentes ciclos resultaron moi atractivos.