domingo, 29 de abril de 2018

"Contos e máis no mes de abril"


A nosa programación do mes de abril estivo moi apretada e poidemos disfrutar de contos dos bibliotecarios nas horas de recreo , de Apadriñamentos lectores no cole e entre coles e tamén da biblioteca no patio.
Empezamos as actividades do libro co intercambio de padriños e madriñas lectores co CEIP Xunqueira I. O alumnado de 6º Primaria do CEIP Vidal Portela foi contar contos ao alumnado de 5º e 6º de Infantil da Xunqueira I. Do mesmo xeito ao alumnado do seu cole veu contar ao noso.


 
Ao longo de varios días os libros foron protagonistas nas aulas, no patio e por suposto tamén na biblioteca.








xoves, 29 de marzo de 2018

"Campionato de Xadrez 2018"

No mes de marzo celebrouse na biblioteca o Campionato anual de Xadrez na hora do recreo. 
A participación foi moi numerosa e a intensidade das partidas foi en aumento ata a Gran Final.
Os dous grandes finalistas foron Jorge e Alén. 
Noraboa a tod@s os participantes, especialmente a estes dous finalistas que xogaron unha última partida realmente apaixonada.



 Os nosos finalistas


"Homenaxeando a Rosalía"

Os nenos e nenas de 2º  ciclo saíron ler poemas no Día de Rosalía e fixeron flores de papel en homenaxe á nosa poetisa.



venres, 16 de marzo de 2018

"Pintando con Antón Sobral"

Seguindo co tema da Arte, aquí vos deixamos algúns debuxos e comentarios de agradecemento do alumnado do 3º ciclo a Antón Sobral.




xoves, 21 de decembro de 2017

"Recomendacións lectoras e Arte"

Xa está aquí o Nadal e Piquín non esqueceu canto nos gustan os libros. Para grandes e pequenos, para ler en solitario ou ben acompañado... Aquí están as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións:

E antes de dar por rematado este trimestre queremos que disfrutedes coa vista da entrada da nosa biblioteca, este curso como ben sabedes cheíña de ARTE. 


 ¡¡BOAS FESTAS A TOD@S!! E ESPERÁMOSVOS NO 2018

mércores, 20 de decembro de 2017

"Obradoiros de Arte"

Para rematar o 1º trimestre do curso fixemos na biblioteca un obradoiro de pintura. Estivo no cole Antón Sobral e as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria pintaron seguindo as súas indicacións.
Para ver a reportaxe completa de fotos clicade na imaxe

mércores, 13 de decembro de 2017

"Arte na Biblio"

Levamos case un trimestre traballando arredor da Arte e o resultado dese esforzo xa está enchendo os recunchos do cole... Piquín disfruta coa exposición de fermosos cadros que van enchendo o seu museo e o teñen engaiolado.



mércores, 22 de novembro de 2017

"Fotos Magosto 17"

Xa temos fotos do Magosto deste outono. Queredes velas???
Clicade na imaxe aquí abaixo
Imagen relacionada

mércores, 8 de novembro de 2017

"Samaín 17"

Celebramos o Samaín e o cole encheuse de cabazas, pantasmas, bruxas, monstros... 
Na biblioteca disfrutamos de contacontos de medo, os corredores convertéronse en terroríficos pasadizos e no salón de actos tivemos aterradoras actuacións musicais . 
Foi o Samaín... e todos - grandes e pequen@s -pasámolo de ¡¡Medo!!
Clica na foto para ver as reportaxes do día: