A semana da Paz rematou, estivo chea de actividades feitas nas aulas e tamén tivemos un acto conxunto no patio. Pero a biblioteca estivo igual de atareada nos recreos: contos e proxeccións para todas e todos.
O 30 de Xaneiro, celebraremos no cole o Día Escolar da non Violencia e a Paz.
Este ano, arredor desta data, recordaremos especialmente a mensaxe de Paz que nos trouxo Plastiquina. Ela foi creada para despertar en todas e todos a conciencia de respecto cara o medio ambiente, especialmente en canto ao uso dos plásticos.
Ademais, entre outros aspectos, traballaremos arredor das campás dentro do coidado do Patrimonio Cultural. Tentaremos resaltar a importancia ao longo da historia do "Toque das campás de xeito manual" e do oficio de campaneiro.
Tendo en conta ambas propostas, no cole desenvolveremos actividades como:
- Plantación de sementes acompañadas de mensaxes/desexos de paz para intercambiar entre o alumnado o día 30.
- Cantar a canción "Soan as campás" e representala utilizando linguaxe de signos.
- Decoración de campás con mans blancas.
- Saída da Biblioteca ao patio para compartir lecturas no tempo de recreo.
- Contacontos na biblioteca por parte do alumnado axudante.
Ademais na biblioteca contaremos cunha exposición de contos relacionados con esta temática, e ao longo da semana, proxectaremos varios cortos e o documental:
"25 camiños perigosos cara a escola".
Ao longo da mañán do día 30 todos os cursos sairán ao patio, para cantar xuntas e xuntos.
Aquí deixamos os vídeos do tema "Soan as campás" para que poidades ir practicando:
Na etiqueta
RECURSOS na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou... premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña
Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.
Xa de vacacións, Piquín non quere deixar pasar a ocasión de facer a súa recomendación de lecturas para estes días. Libros que vos faran disfrutar, pensar, soñar... e que sempre serán un bo acompañante onde queira que vaiades.
Ao longo deste trimestre a entrada da Biblioteca foi mudando o seu aspecto. O Bosque Encantado de Piquín xa está listo e grazas a nenas, nenos e profes luce cheo de Seres Fantásticos que o habitan.
Neste mes de Novembro estiveron no cole Anxo Moure (Carballo con Botas para moitas persoas) e Servando Barreiro.
Cantaron e contaron historias e con eles entramos no "Mundo da Fantasía". Alí nos presentaron a diferentes seres que sempre os acompañan e que nos enfeitizaron.
Gustounos moito escoitalos e formar parte das súas historias.