mércores, 22 de abril de 2020

"Día do Libro 2020"

Hoxe, xoves 23 de abril, como ben sabedes é o “Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor”.
Piquín, ao longo destas semanas, recolleu todas as fotos enviadas respondendo a súa proposta especial para esta data e… preparou un fermoso agasallo para todas e todos vós.
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible coa vosa participación.
Agora soamente queda que atopedes a vosa foto. Esperamos que vos guste.



martes, 31 de marzo de 2020

"O pracer dos libros"

Marzo remata e xa estamos ás portas de Abril, Mes do Libro. E como preparación para a súa chegada temos un fermoso conto para fomentar a lectura e recordar cantas boas aventuras podemos atopar nos libros..

mércores, 18 de marzo de 2020

"Campionato de Xadrez 2020"

Neste mes de marzo comezou o Campionato de Xadrez. Xogamos 1ª e 2ª Fase e tivemos que deixalo sen rematar. 
Iso non quere dicir que o esquezamos sen máis. Seguide practicando na casa, á volta teremos a lista das novas parellas.  Xogaremos a Semifinal tal é como estaba previsto... aínda que con datas novas.
Mentres tanto, deixámosvos coas fotos das primeiras partidas.







"Apego: transmisión do galego"

Apego é un proxecto dos servizos de Normalización lingüística de diferentes concellos galegos creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.
Entre os seus recursos ofrece contos, música, audiovisuais... e moitos máis que podedes consultar clicando na seguinte imaxe:




"Biblioteca Dixital Mundial"

A Biblioteca Dixital Mundial, BDM, ofrece acceso gratuito a manuscritos, libros, mapas, fotos e outros importantes documentos de interés cultural.
Aquí podedes consultala clicando na imaxe.


"Salón do Libro Virtual"

O Salón do Libro tamén tivo que pechar as súas portas, pero iso non quere dicir que quedemos sen visitalo. Estiveron traballando arreo para que todas as persoas grandes e pequenas poidan gozar desta fermosa visita virtual. Esperemos que sexa do voso agrado. Xa nos contaredes.
Clicade na imaxe para acceder

"Tempo na casa"

Ola a todas e todos, é tempo de quedar na casa. 
Colleunos un pouco de sorpresa, pero é importante que manteñamos e calma e tentemos gozar destes días. Sempre podemos aproveitar o tempo facendo diferentes tarefas e marcando un ritmo diario que nos axude a manter a nosa mente activa. 
Piquín atópase un poco só na biblioteca e para seguir en contacto e sentir a vosa compañía irá deixando aquí pequenas suxestións que podedes aproveitar nestes días.
Apertas grandes e... agardando as vosas visitas.

xoves, 13 de febreiro de 2020

"Chega o Entroido"

O Venres 21 de Febreiro celebraremos o entroido no cole. A proposta da biblioteca para este curso como ben sabedes ten por título "Un Mundo de Fantasía". Así que neste entroido, cada nivel elexirá un ser fantástico para o seu disfrace.

No entroido tradicional galego teñen cabida o baile, as máscaras, o xogo...
E unha boa mostra de todo podemos atopala facendo click nesta fermosa imaxe.
Unha boa recompilación de recursos con unidades didácticas, actividades lim, vídeos, manualidade, receitas e moitros outros que esperamos sexan do voso agrado.

E no seguinte enlace atoparedes máis:
CEIP MESTRES GOLDAR
Grazas a todos os que fan posible que disfrutemos deste gran traballo.

luns, 10 de febreiro de 2020

"Lecturas no patio pola Paz"

Para rematar as actividades programadas para a Semana da Paz a biblioteca saiu ao patio e o alumnado puido disfrutar coa lectura ao aire libre.

 
 


domingo, 2 de febreiro de 2020

"Semana da Paz 2020"

A semana da Paz rematou, estivo chea de actividades feitas nas aulas e tamén tivemos un acto conxunto no patio. Pero a biblioteca estivo igual de atareada nos recreos: contos e proxeccións para todas e todos.