domingo, 11 de maio de 2014

"Letras Galegas no cole"

Xa estamos chegando ao Día das Letras Galegas e no cole xa todo está preparado para que nestas dúas semanas todos e todas poidamos disfrutar na biblioteca dunhas xornadas especiais co seguinte guión:
LETRAS GALEGAS 2014
Na biblioteca temos preparadas varias actividades que  xirarán en torno ao noso proxecto: “CAL É A ORIXE DE…?” e o autor homenaxeado este ano: Díaz Castro.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na  biblioteca  atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con carteis de cores e o Nº correspondente do seguinte xeito:
-        Recuncho 1     (amarelo)
-        Recuncho 2     (azul)
-        Recuncho 3     (verde)
-        Recuncho 4     (vermello)
-        Recuncho 5     (laranxa)


Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:

Ed. Infantil
Recuncho nº 1, bibliografía: facer os puzzles /completar os títulos das portadas (dos libros relacionados coa bibliografía do proxecto).
Recuncho nº 2, pasatempos: 3/4 anos- completar o sudoku / 5 anos- 1 sopa de letras e 1 sudoku que deberán resolver en equipo.
Recuncho nº 3, emplatamos: colorear, recortar e montar o plato.
Recuncho nº 4, mural: pega as fotos dos alimentos no nome correspondente
Recuncho nº 5, collage: composición coas fotos e textos dados sobre a vida e obra de Díaz Castro- A3. Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno. 

Ed. Primaria
Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requeridos relacionados coa bibliografía do proxecto.
Recuncho nº 2, pasatempos: 2 sopas de letras, palabras enlazadas  e xeroglíficos ou sudokus.
Recuncho nº 3, emplatamos
Recuncho nº 4, mural: pega as fotos dos alimentos no lugar correspondente e escribe os nomes dos alimentos vexetais, a súa orixe, nome científico…
Recuncho nº 5, collage: composición coas fotos e textos dados sobre a vida e obra de Díaz Castro- A3. Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno. Revisar biografía autor.

En cada recuncho  haberá un  sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no recorrido  para recompilar os materiais que se van traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…

Na biblioteca farase un álbum recompilatorio cos collage en A3 sobre Díaz Castro.
Días por niveis:
-        Luns 12 maio: 6º E. Infantil
-        Martes 13 maio: 5º E. Infantil
-        Mércores 14 maio: 4º E. Infantil / 5ºB Primaria
-        Xoves 15 maio:  5ºA E. Primaria
-        Venres 16 maio: 6º A / 6ºB E. Primaria
-        Luns 19 maio: 4ºA / 4ºB E. Primaria
-        Martes 20 maio: 3ºA / 3ºB E. Primaria
-        Mércores 21 maio: 2ºA / 1ºB
-        Xoves 22 maio: 2ºB / 1ºA
Aquí tendes algunhas fotos máis das actividades e dos recunchos que xa vos están esperando.


Agardamos a vosa visita

"Mes do libro"

Ao longo do mes de abril tivemos varias actividades no cole relacionadas co libro:
- Contos Ilustrados para toda Ed. Infantil
- Conto en lingua de signos para Ed. Infantil e o 1º ciclo de Ed. Primaria
- Contacontos para todo o cole:
Neste ano e ao redor do Día do Libro os apadriñamentos lectores se convertiron en contacontos dos máis pequenos aos maiores.
Os nenos e nenas  de 6º de Ed. Infantil contaron contos aos de 4º de Primaria utilizando o teatrillo e o kamishibai, os nenos e nenas de 1º ciclo de Primaria contaron contos en pequeno grupo ao alumnado do 3º ciclo de Primaria e os nenos e nenas de 3º de Primaria contaron contos ao alumnado máis pequeno de Ed. Infantil.
A actividade foi todo un éxito, utilizáronse diferentes espazos: biblioteca, aulas, corredores, salón de actos ou ximnasio e todos e todas participaron con grande entusiasmo.
- Reparto de chapas para o 2º e 3º ciclo de ed. Primaria
- Reparto de marcapáxinas para o alumnado do 1º ciclo de Primaria e o profesorado
Ademáis fixéronse exposicións de materiais que tiveron como protagonista o libro.
Aquí tendes un resumo fotográfico das diferentes actividades.


Contacontos2
E unha pequena homenaxe a García Márquez dos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria
García Márquez morreu o 17 de abril pasado, foi autor de numerosas obras e tamén Premio Nobel de literatura no 1982. A súa obra máis coñecida: "Cien Años de Soledad" é considerada unha obra maestra da literatura hispanoamericana e universal. Para coñecer máis datos sobre este autor facede click a continuación na súa imaxe.

"Rosalía"

No Día de Rosalía o alumnado de 6º de Ed. Primaria fixo lecturas por megafonía ao longo da mañán de obras desta poetisa, logo traballaron na aula ao redor dos diferentes textos. Ademáis todo o centro traballou ata o Día da Poesía cos nomes de poetas e poetisas galegas elaborando fantásticos acrósticos que foron recompilados nun libro para a biblio. Temos xa unha mostra das fotos que tomaron na xornada e tamén dos textos traballados. Aquí volos deixamos.

luns, 5 de maio de 2014

"Encontros Plambe"

Os pasados 27 e 28 de marzo tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago os Encontros Plambe deste curso. Asistiron mestres e mestras de toda Galiza, que realizan as labores de coordinación das bibliotecas escolares participantes no Plan de Mellora.
Falouse de bibliotecas, proxectos documentais, actualización de materiais e tamén de metodoloxía activa e traballo cooperativo nos centros.
Para ver un resumo do tratado clicade no seguinte enlace e atoparedes un vídeo das xornadas:
http://vimeo.com/channels/720580

venres, 21 de marzo de 2014

"Día Mundial do Síndrome de Down"

Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down.
O Síndrome de Down é a principal causa de discapacidade intelectual e a alteración xenética humana máis común. Os nenos e nenas con Síndrome de Down poden levar unha infancia similar á de outros rapaces e rapazas, necesitarán un pouco máis de tempo para realizar determinadas aprendizaxes pero chegarán á meta, somentes temos que esperalos.

xoves, 20 de febreiro de 2014

"A LÚA"

Un corto moi lindo para todas as edades. Esperamos que vos guste.

domingo, 9 de febreiro de 2014

"Día da Paz no cole"

O 30 de Xaneiro celebramos no cole o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia". Cantamos todos xuntos, intercambiamos agasallos e abrazos cos nosos compañeiros e compañeiras e fomos ao patio para ver voar as pombas. Si queredes ver as fotos do día na aula virtual temos unha boa reportaxe.
Podemos acceder facendo click na seguinte foto


venres, 31 de xaneiro de 2014

"Remedio para...???"

No seguinte vídeo atoparedes posibles respostas. Esperamos que vos guste.

venres, 3 de xaneiro de 2014

"Ollos de aula"

A coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística no Ensino presentanos a revista "Ollos de Aula" para alumnado, familias e docentes.

mércores, 18 de decembro de 2013

"Recomendacións lectoras"

Piquín quere recomendarvos saborosas lecturas para estas vacacións. Son divertidas e apetitosas, algunhas sonoras e outras misteriosas, pero todas están esperando que as disfrutedes e pasedes unhas boas vacacións. Ata a volta