venres, 8 de novembro de 2013

"Mochilas Viaxeiras"

Hoxe venres saíron do cole as nosas "Mochilas Viaxeiras".
Son 32 as mochilas que neste curso irán rotando de casa en casa, dende 5º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria. Esperamos que disfrutedes da súa estancia entre vós. 
Xorden coa idea de fomentar a lectura en familia e por iso nelas atoparedes materiais para grandes e pequenos. 
Revisade a Guía de Uso que as acompaña e recordade que os materiais que levan son Pequenos Tesouros que temos que coidar.
Agardamos os vosos comentarios e as novas que consideredes oportunas engadir na carpeta.

Ningún comentario: