Na biblioteca temos preparados 5 recunchos para que traballemos en equipo e xoguemos con Mª Victoria Moreno e as súas obras.
Cada titoría se organizará en 5 equipos que deberán levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho nº 1, exposición: dar resposta e buscar os elementos requiridos nas obras
expostas na entrada da biblioteca // Infantil: Cada equipo elixe a obra que máis lle guste de
toda a exposición da entrada, (non pode ser a da súa clase), e tentarán
reproducila.
Recuncho nº 2, xogo da oca: seguir as instrucións do xogo
para acadar a casiña 63 // Infantil: completar o sudoku
Recuncho nº 3, cómic: cada equipo fará 1 ou varias viñetas
cómic nas que Victoria Moreno falará con personaxes das súas obras. Utilizarán
un folio A3 e completaran o traballo decorando libremente.
Recuncho nº 4, panel: completar os datos sobre a biografía
de Victoria Moreno e as súas obras // Infantil: facer un crebacabezas da portada dun libro de Victoria Moreno seguindo a
estrutura Folio Xiratorio.
Recuncho nº 5, mural: Cada nena e neno elaborarán un autorretrato
en tamaño A5 nun dos folios de cores que teñen no recuncho e decorarán o marco.
Unha vez rematado o autorretrato pegarano no mural.
Cada
titoría disporá das actividades impresas para repartir aos equipos. O equipo 1
empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez
rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde
numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a
mestre-a dea a sinal que indica cambio.
Cada
equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no percorrido para recompilar os materiais que se van
traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.
Cada titoría fará unha
posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus
compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis
lles gustou…
Cada titoría decidirá o
xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Agardamos a vosa visita!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario