O mes de Abril estivo cheo de actividades no cole arredor do Libro. Empezamos a nosa programación especial co intercambio programado co Ceip A Xunqueira I para compartir contos. Os maiores do centro viñeron ao noso cole para contar historias aos nenos e nenas de Ed. Infantil. Resultou unha moi grata xornada coa que todos e todas disfrutamos moito.
Pero iso non foi todo.
O día 23, na hora de ler, o alumnado de 6º foi por todas as aulas contando contos coa axuda de títeres, kamishibai... e facendo disfrutar a todas e todos con historias elaboradas por eles mesmos. Foi un apadriñamento lector moi especial.
O día 24 a biblioteca saiu ao patio e todo o alumnado puido disfrutar da lectura na hora do recreo.
E por último os bibliotecarios voluntarios contaron contos aos pequenos na biblioteca e rematamos a semana cunha sesión de cine na biblio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario