Cada equipo
terá 3 cartas pokémon cun Nº na parte superior. O nº indica a orde na que deben
realizar a tarefa proposta na parte traseira da carta. O pokémon de cada carta
indica o recuncho ao que se teñen que dirixir para realizar a tarefa. Cada
equipo deberá percorrer 3 dos recunchos sinalizados.
Cada equipo
deberá levar a cabo as seguintes tarefas:
Ed. Infantil / 1º ciclo de Ed. Primaria
Recunchos vida e obra, elaborar
un collage en A3 cunha foto e datos sobre Francisco Fernández del Riego. Decoralo libremente.
Recunchos bibliografía, facer un
crebacabezas da portada dun dos libros expostos no panel e pegalo.
Recunchos mural letras, elixir
unha foto dun autor ou autora entre as persoas homenaxeadas no Día das Letras
Galegas ao longo dos anos. Pegala no lugar correspondente no mural, segundo o
Nº ou código que teña detrás. Anotar na carta o nome dese autor ou autora e o
ano de homenaxe. No caso do 1º ciclo, completar ademais co título dunha das
súas obras.
2º e 3º ciclo de Ed. Primaria
Recunchos vida e obra, completar
o cuestionario, (na parte traseira da carta), sobre a biografía e traballo de
Francisco Fernández del Riego.
Recunchos bibliografía, dar resposta
e completar os datos requiridos relacionados coas portadas expostas no
recuncho. Elixir unha portada da bandexa correspondente e decorala libremente.
Recunchos mural letras, elixir
unha portada dun libro (5º/6º) ou foto (3º/4º), dun autor ou autora entre as
persoas homenaxeadas no Día das Letras
Galegas ao longo dos anos. Pegala no lugar correspondente no mural, segundo o
código que teña detrás. Anotar na carta o título/nome dese autor ou autora, o
ano de homenaxe e o título dunha das súas obras. Facer o mesmo coa persoa
homenaxeada anterior e posterior.
Cada titoría
disporá de tantos sobres como equipos teña en aula. Cada sobre conterá as 3
cartas pokémos necesarias para a actividade. Cada equipo comezará a actividade
no recuncho que lle indique a súa carta TAREFA
1.
Continuase a
ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e
cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica das cartas.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Ningún comentario:
Publicar un comentario