venres, 10 de marzo de 2023

"21 e 22 de Marzo"

O 21 de marzo está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore" e o 22 de marzo como "Día da Auga". 
Para commemorar estas datas dende os equipos de "Dinamización da Língua Galega" e "Biblioteca" temos a seguinte proposta:
- Facer na biblioteca unha exposición de poesías relacionadas en xeral coa NATUREZA.
- Facer uso do tempo da hora de ler en Ed. Primaria e da hora do conto en Ed. Infantil  para adicarllo á poesía ao longo da semana
- Recitar, ilustrar, compoñer... poesías relacionadas con esta temática en cada aula
- Plantación nos diferentes bancais ao longo da semana
Podemos elexir entre os fermosos títulos da nosa biblioteca, algúns dos cales están expostos como podedes ver:

Nos seguintes enlaces podemos atopar recursos variados:
CPI da Cañiza
Día da Poesía
Son de Poetas
Grazas a todas as persoas que colaboraron na súa elaboración e o compartiron.
E ademais non esquezamos viaxar coa imaxinación e coa axuda dos seguintes vídeos.
O primeiro, unha mostra da marabilla dos nosos bosques de Xoan Arco da Vella 
Para continuar, unha fermosa peza do libro "A música das árbores" con letra de Anxo Moure e música de Servando Barreiro.
E outra dos mesmos autores desta volta dedicada á auga do libro "A música da auga"
  
Deseguido, "El lenguaje de los Bosques", vídeo elaborado a partir da idea orixinal do grupo Xenfor (Genética y Ecología de la Resistencia a Insectos en los Pinos) e organizado por CSIC Galicia e MBG- Misión Biolóxica de Galicia
E para rematar, un vídeo dedicado á auga, "Cae una gotica de agua" interpretado por Roxana, producido polos estudios de animación ICAIC

domingo, 5 de marzo de 2023

"Campionato de Xadrez 2023"

Este curso 2022-2023 retomamos unha das actividades con moito éxito na biblioteca: Xadrez.
E como non podía ser menos, ao longo do mes de marzo teremos o noso campionato anual.

"8 de Marzo"

Nesta data, 8 de Marzo, celébrase en todo o mundo o  "Día Internacional da Muller". Existen versións moi diferentes sobre a elección desta data para commemorar tal Día, pero todas elas coinciden que a proposta foi presentada no ano 1910 nun período de gran transformación social e política.
Aínda que non debera ser así, todavía hoxe existen moitas nenas e mulleres que son  privadas dos seus dereitos. Que esta situación mellore, forma parte da educación de nenas e nenos.
Na biblioteca temos unha selección de títulos expostos entre os que podemos atopar os seguintes:


A continuación, podedes acceder a unha interesante páxina na que se reflicte como o machismo estivo presente nas nosas vidas dende fai anos:
 

Na seguinte páxina temos varios recursos relacionados con esta data:
recursos educativos (ceipmestresgoldar)
O seguinte vídeo foi montado a partir do conto "O País dos Mandóns"para traballar esta data con nenos de Ed. Infantil. 

E por último...
Grazas a todas e todos os que elaboraron estes recursos e quixeron compartilos.