O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo da semana traballaremos nas aulas en torno a estas dúas temáticas do seguinte xeito:
1.- Día da Poesía
- Ilustración de poesías de Celso Emilio Ferreiro, xa que este ano se celebra o centenario do seu nacemento.
- Elaboración de poemas libremente.
Os traballos realizados serán recopilados nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección 4: libros de produción propia.
2.- Día da Árbore
- O día 21 varias árbores serán plantadas no patio. Posteriormente serán elaborados uns carteis co nome de cada unha delas e tamén das xa existentes.
Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro.
Este escritor celanovés naceu o 4 de xaneiro de 1912 e a obra que o consagrou definitivamente como poeta foi: "Longa noite de pedra" publicada no ano 1962.
A Fundación que leva o seu nome contribúe a difundir o seu legado e na súa páxina dan a coñecer as actividades programadas para celebrar este centenario. Premendo no seguinte enlace atoparedes máis información: celsoemilioferreiro
No seguinte vídeo temos unha fermosa versión dun seus poemas máis coñecidos: "María Soliña", con música de Carlos Nuñez e voz de Teresa Salgueiro.