Piquín quere recomendarvos saborosas lecturas para estas vacacións. Son divertidas e apetitosas, algunhas sonoras e outras misteriosas, pero todas están esperando que as disfrutedes e pasedes unhas boas vacacións. Ata a volta
mércores, 18 de decembro de 2013
"Recomendacións lectoras"
luns, 9 de decembro de 2013
"Nelson Mandela, defensor dos Dereitos Humanos"
"A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo"
Nelson Mandela (Madiba) foi presidente da República Sudafricana logo de pasar 27 anos no cárcere.
Estivo acusado de terrorismo e alta traición e condenado a cadea perpetua por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. Aínda estando no cárcere a súa loita non cesou. No ano 1990, aos 71 anos foi liberado, e no 1993 foi galardonado co Premio Nobel da Paz. O 10 de Decembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e Mandela foi o maior defensor destes dereitos do século XX. O su número de preso, o 46664 é un símbolo de liberdade. Aquí temos un vídeo feito polos compañeir@s do CEIP Saco e Arce como homenaxe a MADIBA.
domingo, 10 de novembro de 2013
"Encontro Escolas Unesco"
Do 25 ao 27 de Novembro terá lugar en Pontevedra o "V Encontro Galego de Escolas Asociadas Unesco".
Co motivo do 60 aniversario da creación da Rede do Plan de Escolas Asociadas (PEA), o lema das xornadas será:
"60 anos de Educación en Liberdade".
Rapaces e rapazas do noso centro participarán neste evento con actividades no Pazo da Cultura e no centro da cidade.
Co motivo do 60 aniversario da creación da Rede do Plan de Escolas Asociadas (PEA), o lema das xornadas será:
"60 anos de Educación en Liberdade".
Rapaces e rapazas do noso centro participarán neste evento con actividades no Pazo da Cultura e no centro da cidade.
venres, 1 de novembro de 2013
"Celebrando o Samaín"
Nesta semana celebramos o Samaín no cole, MEDO, MEDO E MÁIS MEDO,
contos terroríficos, bruxas "espeluznantes", esqueletes polos corredores e máis, moito máis...
Comprobádeo por vós mesmos no vídeo que preparou a profe Ana de infantil.
Grazas profe Ana, e grazas a tod@s por participar ao longo destes días decorando, contando, escoitando, bailando... e disfrutando do Samaín.
martes, 2 de xullo de 2013
"As máquinas no teatro"
Xa chegou o verán e marchamos de vacacións pero antes queremos amosarvos as derradeiras fotos deste curso sobre a actividade "As máquinas no teatro". Como ben sabedes este ano a biblioteca propuxo traballar no proxecto "As máquinas ao longo do tempo" e o homenaxeado nas Letras Galegas foi o escritor de teatro Vidal Bolaño. De ahí naceu esta actividade que foi do agrado de todos. Esperamos as disfrutedes e teñades un BO VERÁN!
BOAS VACACIÓNS!!! E ata a volta.
martes, 25 de xuño de 2013
"Contacontos na Biblioteca"
Este ano os nenos e nenas de Atención Educativa de 4º de Primaria traballaron moi duro todo o curso da man da profe María C. para elaborar os seguintes vídeo-contos. Fixeron as fermosas ilustracións que aquí temos, puxeron voz e son e queren compartir este fantástico traballo con todos nós sobre os contos:
"Artur e Clementina" e "La vocecita".
Co traballo rematado fixeron unha posta en escena axudados do kamishibai para o alumnado de Ed. Ifantil e o 1º ciclo de Primaria. Todos eles disfrutaron moito da sesión.
venres, 21 de xuño de 2013
"Murais colectivos"
No mes de maio fixemos varias actividades relacionadas coa Língua e as Matemáticas das que queremos deixarvos unha mostra.
Para celebrar o "Día das Letras Galegas" solicitamos a colaboración de todo o alumnado traendo cadansúa palabriña galega. Logo foron recompiladas en etiquetas de cores e así quedou:
E o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística recompilou fotos de todo o alumnado para elaborar a exposición titulada "As Matemáticas na Rúa" cunha exitosa participación e un estupendo resultado como se pode comprobar a continuación:
venres, 10 de maio de 2013
"Os Maios"
O 30 de abril fixemos o Maio no cole e así o cantamos.
"Abril , mes dos libros"
O mes de abril celebramos no cole o Mes dos Libros. Entre as actividades programadas tivemos a nosa exposición "ENTRE LIBROS" con fotos lendo por diferentes rincóns das casas e o "APADRIÑAMENTO" no que participou todo o alumnado ao longo de 3 días. As dúas actividades foron todo un éxito e como a exposición de fotos quedou tan chula decidimos deixala ata finais de curso na entrada do colexio.
Contos e máis
xoves, 9 de maio de 2013
"Vidal Bolaño"
O vindeiro 17 de Maio terá lugar a celebración do Día das Letras Galegas este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño. O homenaxeado nesta ocasión foi un home enteiramente adicado ao teatro, exercendo como dramaturgo pero tamén moi involucrado con outras facetas relacionadas co mundo da representación. En numerosas ocasións foi actor, iluminador, escenógrafo...
Aquí aparecen diferentes actividades relacionadas coa súa vida e obra adaptadas aos diferentes ciclos de infantil e primaria compartidas polo equipo do Ceip de Mallón. Grazas polo voso traballo.
Actividades 3º cicloActividades 2º ciclo
Actividades 1º ciclo
Actividades Ed. Infantil
Podedes atopar máis recursos nos seguintes enderezos:
Grazas a todos os que traballaron e compartiron as súas recompilacións.
luns, 22 de abril de 2013
"23 de abril"
O 23 de abril é unha data simbólica no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos autores.
Ao longo desta semana e para celebrar esta data especial, no cole faremos as seguintes actividades:
- Exposición "Entre Libros" na que colgaremos fotos de todos e todas lendo.
- Apadriñamento lector por parte dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º que contarán contos aos demais niveis o luns 22, martes 23 e mércores 24.
- Exposición de libros que teñen como protagonista o libro.
- Exposición de contos de Andersen.
"Día da Terra"
Hoxe 22 de abril celébrase o "Día Internacional da Terra" coa pretensión de crear unha conciencia común cara a loita de problemas como a contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións medioambientais.
A primeira manifestación relacionada con esta data tivo lugar no 22 de abril de 1970, promovida polo senador estadounidense Gaylord Nelson sendo hoxe o seu 43º aniversario.
luns, 11 de marzo de 2013
"Día da Poesía e da Árbore"
O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo do mes de marzo traballamos arredor desta data de doble celebración.
E tamén este outro, un fermoso conto, sempre axeitado
1.- Día da Poesía
- Tendo como punto de partida a obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro e dado que se cumplen 150 anos da súa publicación traballaremos a ilustración, elaboración... de poemas para recopilalos posteriormente nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección de libros de produción propia (4)
Interesante recopilación de recursos a continuación:
bibliotecamestresgoldar
sondepoetas
Interesante recopilación de recursos a continuación:
bibliotecamestresgoldar
sondepoetas
2.- Día da Árbore
- As árbores son parte esencial do noso contorno e así tentaremos velos partindo de aqueles que temos máis preto e coa axuda de contos, vídeos, e outros materiais que iremos descubrindo.
Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida de Rosalía de Castro e a súa obra "Cantares Gallegos", ademais dunha estupenda selección de obras relacionadas coa poesía e as árbores.
Aquí vos deixamos un fermoso vídeo, unha mostra da marabilla dos nosos bosques.
Aquí vos deixamos un fermoso vídeo, unha mostra da marabilla dos nosos bosques.
E tamén este outro, un fermoso conto, sempre axeitado
domingo, 3 de marzo de 2013
"Música en directo"
O pasado mércores 27 tivemos no cole a Laura e Aitor. Os dous son estudiantes avanzados de piano e fagot e viñeron presentarnos estes instrumentos. Falaron das peculiaridades de cada un e a continuación nos agasallaron con varias pezas musicais.
Algunhas eran pezas actuais, coñecidas por todos os nenos e nenas do cole, outras obras da música clásica, pero todas elas gustaron e fixeron disfrutar a alumnado e profesorado. Para rematar a sesión tivemos incluso a varios voluntari@s que se animaron a participar e amosarnos a súa destreza.
Aquí tendes algunhas fotos da xornada
Aquí tendes algunhas fotos da xornada
luns, 4 de febreiro de 2013
"Día da Paz no cole"
O 30 de Xaneiro foi o Día da Paz e no acto conxunto que fixemos no cole cantamos a canción de Macaco "Una sola Voz". Un grupo de nenos e nenas acompañaron o momento con percusión e fixeron un estupendo traballo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)