Amosando publicacións coa etiqueta horto-xardín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horto-xardín. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de marzo de 2022

"Salón do Libro 2022"

Este ano o "Salón do Libro" está relacionado coa "ARTE" e como en Ed. Infantil temos grandes artistas, entre todas e todos fixemos unha reproducción da Horta-Xardín de Piquín e un fermoso conto.
O conto foi elaborado seguindo a idea de "A Horta de Simón" de Rocío Alejandro da editorial Kalandraka e agora está exposto no Salón do Libro xunto cos traballos doutros centros.
Aquí vos deixamos a nosa HORTA-XARDÍN e o conto feito polo alumnado 



Para rematar o traballo fixemos unha visita ao Salón onde nos estaba esperando Orbil, que como sabemos é un gran amigo de Piquín.

"Piquín na horta-xardín"

Esta semana Piquín  foi visitar os traballos da Horta-Xardín e mentres revisaba os bancais e as plantacións feitas en cada un, sacouse unhas fermosas fotos.








venres, 19 de novembro de 2021

"Árbores froiteiras e outras plantas"

As rapazas e rapaces de 6ºA estiveron investigando arredor das árbores froiteiras e outras plantas, como remate fixeron uns estupendos traballos que aquí podedes atopar:



luns, 11 de outubro de 2021

¡¡¡Abrimos de novo!!!

Ola a todas e todos
Aquí estou de novo, son eu, ¡¡¡PIQUÍN!!!
¡Teño todo disposto para abrir a biblio! 
Estou desexando que veñades visitarme, aínda que este ano teremos que seguir as instrucións con especial atención aínda.
Estará aberta nos recreos e poderedes visitala nos días que teñades asignados para cada curso.
Supoño que estaredes desexando saber sobre o que imos traballar este ano. 
Pois aquí tendes o título do novo proxecto: 
"HORTO-XARDÍN DE PIQUÍN"
Desta volta... queda clariño sobre que imos investigar?
Non precisades de moitas pistas, a que non? 
Imos crear o noso horto-xardín, farémolo coa axuda de todas e todos. No apartado de proxectos tendes xa algúns recursos que iremos ampliando e podedes utilizar.
Tamén me gustaría que deseñarades uns cadernos de campo e neles vaiades recollendo o traballo feito ao longo do curso. Así que, esta sería unha boa tarefa para comezar.
E por último, aquí vos deixo algún que outro vídeo que agardo desfrutedes: