O día 3 de decembro commemórase o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade". Foi proclamado como Día Internacional no ano 1992 coa intención de acadar unha verdadeira inclusión das persoas con discapacidade na sociedade. Naceu acompañado de medidas orientadas á mellora da calidade da súa vida e na procura da igualdade de oportunidades para elas.
Na pestana de Boas Prácticas podedes atopar unha estupenda carteleira inclusiva compartida anteriormente pola nosa compañeira Lola.
E aquí para comezar, "polos dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade":
E tamén un capítulo dos Bolechas xogando no recreo que rematará na procura dun patio inclusivo. Creación de Pepe Carreiro e producción de Lua Ideas
Na escola, ao longo do curso, traballamos na transmisión de valores, normas e actitudes que favorezan os comportamentos de respecto cara os demais, o respecto pola igualdade e a dignidade de toda persoa. Nas etapas de Educación Infantil e Primaria os nenos e nenas desenvolven determinados procesos de socialización e construción de valores sociais nos cales a coeducación xoga un importante papel.
Nestes procesos vense implicados os distintos medios nos que transcorre a súa vida e a das súas familias: barrio, escola, amizades,... contribuíndo todos eles á transmisión de modelos que deberán ser o máis equilibrados posible.
A continuación podedes atopar diferentes recursos recompilados por outros centros. Grazas aos que compatiron as seleccións: cpidacañiza
O Samaín vai chegando, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
Pero... sabedes que o Samaín é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o principio do Novo Ano no calendario celta? Se queredes máis información sobre a súa orixe premede no seguinte enlace:
SAMAÍN
No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades:
- Exposición de cabazas nos corredores do colexio
- Actuación do Mago Paco
- Contacontos nas aulas
- Terrorífica exposición de contos na biblioteca, dará medo abrilos???
- Día de disfraces voluntarios: martes 31
Para comezar, disfrutade co seguinte vídeo, fala de pantasmas, monstros... sodes quen de escoitalos?
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
A biblioteca escolar é uns dos principais recursos do centro educativo. Polos seus obxectivos, polos servizos, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar debe ser un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e ademais contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo.
O 24 de OUTUBRO celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares".
Para esta data Piquín quere agasallarnos cunha estupenda sorpresa:
As novas Mochilas Viaxeiras e Caixas de Libros para este curso 2023-2024
e... ademais, deixarnos un pequeno vídeo e a foto co lema deste ano que é o seguinte:
Comezamos xa e queremos darvos a BENVIDA a este novo curso 2023-2024.
As vacacións remataron e a biblioteca pronto estará preparada para botar a andar.
Piquín ten case todo disposto para abrir, o gran día será o vindeiro 9 de OUTUBRO.
Pero antes, nas vindeiras semanas, a partir do 2 de outubro estades todas e todos invitados á presentación que faremos para cada titoría.
Teredes a oportunidade de coñecer moitas novidades e a fermosa proposta que imos desenvolver ao longo de todo o ano: "HISTORIAS DE CINE".
Imaxinades xa a de cousas que imos descubrir?, para ir entrando en materia aquí tendes algunha curta que darán moito que falar:
Xa temos unha relación de recursos para comezar a investigar e iremos engadindo outros novos ao longo deste primeiro trimestre.
Clicade en Piquín, aquí debaixo, para acceder aos mesmos:
Tamén podedes chegar clicando arriba na pestaña "Os Nosos Proxectos" Seguro que xuntas e xuntos faremos interesantes descubrimentos. Agardamos atoparvos na biblio.
Xa está aquí o verán, pero antes de marchar queremos agradecer a toda a comunidade educativa, persoal do centro, alumnado e familias, o traballo e esforzo realizado, no cole a na casa, ao longo deste curso.
A todas e todos aqueles que comenzades unha nova etapa, MOITA SORTE no voso camiño.
Aos que ides seguir en setembro, agardamos vervos con moitas novidades e, por suposto, un novo proxecto por diante.
Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole
Como remate do proxecto deste ano, Pokémons na Biblio, o alumnado de 6º de Ed. Infantil decidiu elaborar varios podcast. Non sería posible facer este traballo sen a colaboración da familia de Alexandre, Teresa e Xabi, que se encargaron de preparar todo o necesario e facer as grabacións. Moitas grazas aos 3. Fixemos grabacións por equipos nas que falamos dos nosos pokémons favoritos, ou sexa os que temos nos nosos equipos. Aquí podedes escoitarnos:
squirtel-A
rowlet-B
raichu-A
raboot-B
pikachu-A
pikachu-B
eevee-A
bulbasaur-B
charmander-A
charmander-B
Debaixo podedes botar unha ollada aos momentos de grabación
Es la cifra de plásticos que se producen a nivel mundial cada año.
O día 5 de Xuño celébrase o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano, co lema "Sin contaminación por plásticos" preténdese concienciar sobre o desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente.
Para alcanzar este obxectivo invítase:
- Ás persoas a mellorar os seus hábitos de consumo
- Ás empresas a desenvolver modelos máis ecolóxicos
- Aos gobernos a protexer as zonas salvaxes
- Ao profesorado a educar en valores naturais
No cole, seguimos traballando na horta, na elaboración do compost cos restos das merendas e, por suposto, facendo especial fincapé na recollida selectiva de papel, plásticos, pilas...
Aquí tendes uns cortos relacionados con este tema que poden servirnos de inspiración para continuar mellorando as nosas accións:
Xa estamos en xuño e aínda que nos quedan un par de semanas para as vacacións de verán, aquí tendes as nosas recomendacións lectoras deste ano. Agardamos que as desfrutedes vaiades onde vaiades: praia, bosque, parque, cidade... calquera lugar serve para ler e se queredes tamén compartir.