xoves, 21 de decembro de 2017

"Recomendacións lectoras e Arte"

Xa está aquí o Nadal e Piquín non esqueceu canto nos gustan os libros. Para grandes e pequenos, para ler en solitario ou ben acompañado... Aquí están as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións:

E antes de dar por rematado este trimestre queremos que disfrutedes coa vista da entrada da nosa biblioteca, este curso como ben sabedes cheíña de ARTE. 


 ¡¡BOAS FESTAS A TOD@S!! E ESPERÁMOSVOS NO 2018

mércores, 20 de decembro de 2017

"Obradoiros de Arte"

Para rematar o 1º trimestre do curso fixemos na biblioteca un obradoiro de pintura. Estivo no cole Antón Sobral e as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria pintaron seguindo as súas indicacións.
Para ver a reportaxe completa de fotos clicade na imaxe

mércores, 13 de decembro de 2017

"Arte na Biblio"

Levamos case un trimestre traballando arredor da Arte e o resultado dese esforzo xa está enchendo os recunchos do cole... Piquín disfruta coa exposición de fermosos cadros que van enchendo o seu museo e o teñen engaiolado.



mércores, 22 de novembro de 2017

"Fotos Magosto 17"

Xa temos fotos do Magosto deste outono. Queredes velas???
Clicade na imaxe aquí abaixo
Imagen relacionada

mércores, 8 de novembro de 2017

"Samaín 17"

Celebramos o Samaín e o cole encheuse de cabazas, pantasmas, bruxas, monstros... 
Na biblioteca disfrutamos de contacontos de medo, os corredores convertéronse en terroríficos pasadizos e no salón de actos tivemos aterradoras actuacións musicais . 
Foi o Samaín... e todos - grandes e pequen@s -pasámolo de ¡¡Medo!!
Clica na foto para ver as reportaxes do día:

xoves, 28 de setembro de 2017

¡¡¡PREPARADOS PARA ABRIR!!!

Estamos rematando setembro e xa listos para abrir a nosa porta...
O gran día será o 9 de OUTUBRO!!!
Pero antes, na vindeira semana, do 2 ao 6 de outubro estades todas e todos invitados a visitarnos. Temos un montón de novidades que contarvos e queremos presentarvos o proxecto deste ano:
"A BIBLIOTECA DOS ARTISTAS"
Pois si... Arte, temos moito que investigar xuntos,  descubriremos artistas famosos e outros non tan coñecidos, buscaremos o artista que todos levamos dentro, pero... sabemos que é un ARTISTA???
Esa será unha das grandes dúbidas que deberemos resolver.
Xa temos unha relación de recursos no apartado de proxectos que iremos ampliando ao longo destes días e que podedes consultar.
Agardamos que disfrutedes ao longo do curso con esta nova proposta.
Para ir abrindo paso comezamos con algún que outro vídeo:


E tamén:

domingo, 25 de xuño de 2017

"Boas vacacións"

Xa chegaron as vacacións... pero antes de rematar, na última semana, quixemos despedir aos bibliotecarios cun pequeno agasallo para agradecerlles o seu gran traballo ao longo do curso.

Algúns voltarán en setembro, outros comezarán unha nova etapa. Boa sorte e boas vacacións a todas e todos.

"Actividades Unesco"

Antes de irnos de vacacións queremos presentarvos o resumo dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no cole e que foron propostas polo equipo Unesco.
Aquí deixamos unha presentación sobre o requeixo, actividade feita na biblioteca na primeira semana de xuño e da que todas e todos poidemos disfrutar.

Tamén tivemos unha exposición sobre o Atlántico na que colaboraron as familias coa elaboración dos traballos

domingo, 4 de xuño de 2017

"Obradoiro de Requeixo"

Dentro das últimas actividades do curso e organizada polo equipo de Unesco tivemos unha estupenda actividade na biblioteca.
Fixemos un obradoiro de requeixo. A señora Ester veu explicarnos de onde sae o requeixo e como se fai, seguindo sempre a elaboración artesanal que ela coñece dende hai anos. 
Ao rematar o obradoiro e despois de 2 días de callado poidemos saborear o requeixo nas diferentes titorías. Moitas gracias!!




"Letras Galegas 17"

"O cole que queremos" foi o lema da nosa biblioteca na Semana das Letras Galegas, e aquí está o mural coas suxestións que entre tod@s quixemos deixar expostas.
Aquí vos deixamos un resumo do paso das diferentes titorías pola biblioteca na semana das Letras Galegas para participar na Olimpiada que Piquín tiña preparada para tod@s. Esperamos que sexa do voso agrado. 

luns, 15 de maio de 2017

"Recunchos Letras Galegas 2017"

Xa chegan as Letras Galegas 17 e xa todo está preparado e esperando que todas e todos pasedes bos momentos na biblioteca coa nosa proposta de actividades.
Aquí tendes os recunchos xa preparados:





As actividades xirarán arredor do autor Carlos Casares e do proxecto “EMOCIÓNATE CON NÓS!!”.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na  biblioteca  atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con carteis de cores e o Nº correspondente do seguinte xeito:
-          Recuncho 1     (amarelo)
-          Recuncho 2     (azul)
-          Recuncho 3     (verde)
-          Recuncho 4     (vermello)
-          Recuncho 5     (laranxa)
Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas en función do nivel:

Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requiridos relacionados coa bibliografía do proxecto e Carlos Casares /// crebacabezas de portadas dos libros máis coñecidos de Carlos Casares  
Recuncho nº 2, pasatempos: completar sudokus e palabras enlazadas propostos que deberán resolver en equipo /// completar un sudoku en equipo
Recuncho nº 3, retrato: cada equipo fará un retrato do autor seguindo a estrutura de Folio Xiratorio e tendo como modelo unha das fotos de Carlos Casares.
Recuncho nº 4, mural: Cada equipo decidirá 5 elementos ou aspectos do cole que queren mellorar. Elixirán unha ficha de cor numerada das que atoparán na bandexa no recuncho. Cada nen@ escribirá unha mellora nunha das ringleiras /// elexir entre as fotos do recuncho aquelas que representen as melloras que nos gustarían para o cole.  
Cando rematen pegarán a ficha no lugar do mural que decidan para ir completando con todas as suxestións.
Recuncho nº 5, panel: completar os datos sobre a biografía de Carlos Casares e  composición dun collage con fotos e textos sobre a vida e obra de Carlos Casares- A3.  /// composición dun collage con fotos e textos de Carlos Casares - A3.
Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno
En cada recuncho  haberá un  sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 comeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro… 

luns, 8 de maio de 2017

"Letras Galegas 2017"

Estamos en maio e moi pronto chegará o 17, "Día das Letras Galegas". A biblioteca xa está preparada para a celebración destas datas e poderemos disfrutar de diferentes actividades en equipo cos compañeiros e compañeiras de clase.
Este ano o autor homenaxeado  é Carlos Casares, gran defensor da cultura galega.
Partindo do noso proxecto, "Emociónate con Nós!!, xogaremos coa vida e obra do escritor e con outras obras do proxecto, que nos servirán para completar as actividades planeadas.
Na biblioteca temos 5 recunchos diferenciados, partindo deles teremos que resolver:
- Sudokus
- Encadeados
- Puzzles
- Preguntas sobre a biografía de Carlos Casares
- Collage sobre Carlos Casares
- Preguntas relacionadas con bibliografía das emocións e do escritor homenaxeado
E máis... Agardamos a vosa visita e pronto concretaremos máis sobre o noso programa.
E para obter máis información sobre Carlos Casares podemos consultar nas seguintes páxinas:

"Día do Libro, Mes do Libro"

No mes de abril as nosas lecturas foron máis especiais aínda. 
O cole encheuse coas achegas das familias, cada neno e nena trouxo de casa un debuxo/foto do seu libro preferido.
Debaixo engadiron unha frase explicando o que ese libro lles fixera sentir. Coa recollida destes traballos fixemos unha fermosa exposición que adorna dende abril as entradas do colexio.

Pero houbo máis, o luns 24 todo o cole saiu á Illa das Esculturas. Ao chegar eliximos un sitio agradable para o noso apadriñamento especial do mes de abril. Os maiores fixeron as ledicias dos pequenos lendo e contando. Dende 4º de infantil a 6º de primaria, todo o cole, (profesorado e alumando) disfrutaron dunha fermosa xornada de lectura.


Para ver máis fotos da xornada clickade na imaxe.

domingo, 23 de abril de 2017

"Un lapis e unha goma"

Esta foi a proposta do noso cole para recoller materiais escolares e donalos aos nenos e nenas sirios que viven no campamento de refuxiados de Azraq.
Ademais da recollida de lapis e gomas todas e todos quixemos agasallalos cos nosos debuxos, algúns deles aparecen na reportaxe que Diario de Pontevedra publicou sobre esta iniciativa do CEIP de Tenorio.


martes, 21 de marzo de 2017

"Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo"

O día 2 de abril é a data sinalada pola Unesco como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
O que se pretende con este recoñecemento é traballar cara a mellora das condicións de vida das persoas con autismo e axudar na creación dunha sociedade máis inclusiva.
Este ano 2017 dende Autismo España e Federación Autismo Galicia propoñen o lema: "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" e a súa campaña vai encamiñada a dar a coñecer as barreiras ás que se enfrentan as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.
As persoas autistas teñen unha forma particular de percibir o mundo o que fai que moitas veces as súas actuacións non sexan acordes cos patróns considerados axeitados.
Para saber máis premede na imaxe

e aquí tendes algún vídeo que pode axudarnos a entender
e no seguinte enlace atoaparedes moitos máis:
hasta la luna ida y vuelta

domingo, 5 de marzo de 2017

"URCO E RAVACHOL"

Aquí vos deixamos un fantástico vídeo sobre a historia do Rei Urco e de Ravachol, as dúas figuras máis importantes do Entroido en Pontevedra. Este estupendo traballo foi elaborado pola profe Lupe e Fidel Prieto. Gracias aos dous por compartilo.







martes, 28 de febreiro de 2017

"Entroido 2017"

O venres 24 celebramos o Entroido no cole. 
Participamos todas e todos, dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria:
disfrazámonos, desfilamos pola beirarúa, bailamos no patio... e pasamos un día estupendo.
Se queredes ver as fotos da xornada clicade na seguinte imaxe:
Resultado de imagen de entroido