domingo, 23 de outubro de 2022

"Magosto"

O magosto xa chega e no cole preparamos cancións, contos, xogos... todo canto se precisa para celebralo.
Este ano celebraremos xuntos o Magosto e o Samaín, así que teremos un "Magosto de Medo".
A programación que temos preparada é a seguinte:
- Elaboración de cestiñas para as castañas asadas coa colaboración das familias
- Visita do castañeiro e asado de castañas o Xoves 27
- Xogos conxuntos o Venres 28
Clicando na foto podedes atopar información sobre a súa orixe.

Imagen relacionada
Si queredes máis información e recursos podedes atopalas en:
RECURSOS MAGOSTO

"Samaín"

O Samaín vai chegando, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
Pero... sabedes que o Samaín  é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta? Se vos interesa ter máis información sobre a súa orixe premede no seguinte enlace:
No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades:
- Exposición de cabazas nos corredores do colexio
- Contacontos nas aulas
- Terrorífica exposición de contos na biblioteca, dará medo abrilos???
- Día de disfraces voluntarios: xoves 27
E tendes que saber que este ano celebraremos o Samaín en conxunto co Magosto... así que teremos un "Magosto de Medo". Para ver recursos relacionados co Magosto teredes que achegarvos á seguinte entrada do blog. 
Polo momento, disfrutade co seguinte vídeo, fala de pantasmas, monstros... sodes quen de escoitalos?

 
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
ou debaixo da cabeceira en RECURSOS e  atoparedes moitos máis.
GRAZAS a todas as persoas  que elaboraron estes recursos e os compartiron para que os demais poidamos utilizalos.

"O CASTELO"

Esta semana, Iván Penelas e Marcos Rodríguez deixaron en préstamo na Biblioteca un fermoso castelo. Está feito en cartón e deseñado por eles mesmos. Se queredes velo, podedes atopalo exposto na entrada da biblio, onde quedará unha temporadiña. 
Do mesmo xeito que o resto dos materiais, debemos tratalo con moito agarimo e coidalo entre todas e  todos.
Moitas grazas Marcos e Iván polo voso traballo e por compartilo con nós.


venres, 21 de outubro de 2022

"Día das Bibliotecas Escolares"

A biblioteca escolar é uns dos principais recursos do centro educativo. Polos seus obxectivos, polos servizos, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar debe ser un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e ademais contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo.
24 de OUTUBRO celébrase o "Día das Bibliotecas Escolares".
Para esta data Piquín quere agasallarnos cunha sorpresa:

As novas Mochilas Viaxeiras para este curso 2022-2023 e... ademais, deixarnos un pequeno vídeo e a foto co lema deste ano que é o seguinte:
"Escribir a Biblioteca Escolar"
 
     
             
Para ler máis...
BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

domingo, 16 de outubro de 2022

"Boas Prácticas"

Nesta páxina, aloxada nunha das pestanas superiores do blog, podedes atopar diferentes recursos relacionados coas Boas Prácticas na escola: "Atención a Diversidade", "Valores", "Inclusión"...
Clicade nas seguintes imaxes para tamén acceder aquí a cada un dos recursos: