mércores, 15 de decembro de 2021

"Guía de Lecturas Nadal 21"

Xa estamos en decembro, o Nadal case chegou e Piquín non vai marchar de vacacións sen deixarvos as súas recomendacións lectoras.
Un bo libro sempre é un agasallo especial para  ser compartido en familia, cos amigos e amigas, desfrutar dun momento en soidade ou viaxar con el onde queirades. Non esquezades pedir o voso.
E para que teñades onde elixir, aquí está a Guía de Nadal 21:




venres, 3 de decembro de 2021

"O Apalpador"

 Moito antes de que chegase a Galicia Papá Noel, xa existía nestas terras  alguén moi importante no Nadal:

A historia di que o apalpador vivía nas montañas e que en Noiteboa...
Queres seguir???,
cun click na imaxe atoparás parte da historia.

e  poderás descubrir máis premendo na súa páxina oficial:
http://www.apalpador.com/
e tamén nos seguintes enlaces, no que temos unha boa recompilación de recursos:
CEP de Ventín    
Grazas a todas as persoas que elaboraron estes recursos e compartiron o seu traballo.
Na nosa biblioteca están os contos, (tamén se poden ler ou ver clicando nas portadas):
                      

E... para cantar e bailar: 


E para ter en conta nos días que chegan, deixamos este video sobre unha campaña de xogos e xoguetes non sexistas nin violentos... para reflexionar todas e todos un pouquiño