xoves, 11 de febreiro de 2021

"Actividades Día Escolar da Paz 2021"

O 30 de Xaneiro foi o Día Escolar da Paz e a non Violencia. 
Ao longo da semana, seguindo as propostas do Equipo Unesco do centro,  fixéronse diferentes actividades no cole para resaltar esta data:
- Exposición na biblioteca de bibliografía relacionada con esta temática.
- Visionado de curtas e documentais que fomentan valores como a amizade, colaboración, empatía...
- Lectura de contos e pequenos textos arredor destes valores e/ou onde se resalta a labor feita por diferentes persoas ao longo da historia.
- Actividades plásticas para facer visible o significado desta celebración.
- Investigación arredor da figura de Rosa Parks traballando a partir de contos e documentais baseados na súa biografía.
- Elaboración dun pequeno vídeo coa colaboración de todo o centro onde cada nivel expresou o que significa a palabra PAZ para cadaquén.
Se queredes acceder ao vídeo, podedes atopalo na Galería da páxina web do cole ou clicar na seguinte imaxe:

mércores, 3 de febreiro de 2021

"Cambio Climático na escola"

Seguindo co proxecto deste ano "Co Cambio todo Cambia", queremos presentarvos a nova bibliografía que incorporamos nestes días aos fondos da biblioteca. Todos os volumes levan a pegatina correspondente e podedes levalos en préstamo para aula, eso si, recordade rexistralos nas follas de préstamo que atoparedes no mostrador. 

   

E por outra banda, presentarvos unha iniciativa que se está desenvolvendo en diferentes escolas por toda España: "Teachers For Future Spain"
A proposta parte dun grupo de docentes preocupados pola situación climática actual. Levan a cabo accións concretas, co obxectivo de cambiar a xestión dos centros escolares, favorecendo a Educación Ambiental e o contacto dos rapaces e rapazas coa Natureza.
Na súa páxina, ademais de atopar información variada, podemos acceder a recursos moi diversos que nos axudarán co noso proxecto "Co Cambio todo Cambia". Botade un ollada, ten cousiñas ben interesantes.
Clicade na foto ou no enlace e deseguida chegaredes: