sábado, 7 de xuño de 2014

"Exposición de traballos"

O curso vai rematando e as actividades da biblioteca chegan ao seu fin por este curso. Nestas semanas podedes ver na biblioteca a Exposición dalgúns dos traballos feitos ao longo do ano relacionados co noso proxecto "Cal é a orixe de...?".
Con esta exposición e compartindo o que aprendemos pechamos o 2013-2014.

"Contando e contando"

Esta semana os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria de atención educativa dedicaron varias sesións a amosar o traballo realizado ao longo do curso coa profe María C. Os nenos de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria poideron disfrutar coas sesións de contacontos que lles ofreceron.
Prepararon 2 fermosos contos:
- "Voy a comedte" 
- "La ovejita que vino a cenar"
Fixeron as ilustracións para ao Kamishibai, puxeron  voz, música e partindo de cada un deles deixannos estos fantásticos traballos en vídeo. 


Coa axuda do Kamishibai fixeron varias postas en escena das que vos deixamos algunhas fotos:

luns, 2 de xuño de 2014

"Semana das Letras"

As actividades do mes de maio na biblioteca supuxeron unhas xornadas moi especiais dedicadas as LETRAS GALEGAS. Todos e todas disfrutamos con elas, do mesmo xeito que esperamos disfrutedes das fotos deses momentos. 

Letras Galegas 1
E máis...


Letras Galegas 2
E máis aínda na páxina do cole en Normalización lingüística