domingo, 13 de maio de 2018

"Recunchos Letras Galegas 18"

Xa todo está preparado para celebrar no cole as Letras Galegas.
Na biblioteca temos preparados 5 recunchos para que traballemos en equipo e xoguemos con Mª Victoria Moreno e as súas obras.




Cada titoría se organizará en 5 equipos que deberán levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho nº 1, exposición: dar resposta e buscar os elementos requiridos nas obras expostas na entrada da biblioteca // Infantil: Cada equipo elixe a obra que máis lle guste de toda a exposición da entrada, (non pode ser a da súa clase), e tentarán reproducila.
Recuncho nº 2, xogo da oca: seguir as instrucións do xogo para acadar a casiña 63 // Infantil: completar o sudoku
Recuncho nº 3, cómic: cada equipo fará 1 ou varias viñetas cómic nas que Victoria Moreno falará con personaxes das súas obras. Utilizarán un folio A3 e completaran o traballo decorando libremente.
Recuncho nº 4, panel: completar os datos sobre a biografía de Victoria Moreno e  as súas obras // Infantil: facer un crebacabezas da portada dun libro de Victoria Moreno seguindo a estrutura Folio Xiratorio.
Recuncho nº 5, mural: Cada nena e neno elaborarán un autorretrato en tamaño A5 nun dos folios de cores que teñen no recuncho e decorarán o marco. Unha vez rematado o autorretrato pegarano no mural.
Cada titoría disporá das actividades impresas para repartir aos equipos. O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dea a sinal que indica cambio.
Cada equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no percorrido  para recompilar os materiais que se van traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro… 
Agardamos a vosa visita!!!

mércores, 2 de maio de 2018

"Letras Galegas 2018"


Resultado de imaxes para victoria moreno



Xa estamos en maio e o vindeiro xoves día 17 será o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é  MªVictoria Moreno. 
Mª Victoria Moreno non naceu en Galicia nin tivo o galego como língua materna, pero dende que chegou aquí estudou e ensinou galego incluso cando non estaba permitido por lei. 
Foi profesora de Ensino Secundario e a súa obra estivo dirixida, en gran parte, ao público infantil e xuvenil.

Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:
Pronto engadiremos novas relacionadas coas actividades propostas no cole arredor desta data. Teremos sorpresas que esperamos sexan de agrado para todas e todos. Estade atentos.
Mentres podedes aprender xogando co seguinte Pasapalabras 
PASAPALABRA
Gracias a todos os que colaboraron na elaboración de todos os materiais e os compartiron.