sábado, 27 de marzo de 2021

"Exposición Mariscadoras"

Nestas semanas, poidemos gozar no cole dunha fermosa exposición dedicada ás Mariscadoras e o seu traballo. A súa profesión, pouco recoñecida ata agora, queda reflectida nas fotos e ferramentas que forman parte desta exposición itinerante e que nos amosa, unha vez máis, a importante labor das mulleres como un dos principais motores da nosa sociedade. 

Esta exposición forma parte dun proxecto que se está traballando no centro e que pretende resaltar o valor das mulleres en diferentes profesións relacionadas co mar, profesións que dende sempre, foron exercidas na súa maioría polas mulleres das zonas costeiras.


 Nas imaxes poidemos apreciar dende os esforzo realizado día a día nos areais ata todo o proceso dende a "semente" da ameixa ata a súa recollida. Tamén recompilamos moitos outros datos de interese e curiosidades, así como o nome das diferentes ferramentas utilizadas para a medida ou a recollida das diferentes especies.