Amosando publicacións coa etiqueta día da poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da poesía. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de marzo de 2024

"21 e 22 de Marzo"

O 21 de marzo está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore" e o 22 de marzo como "Día da Auga". 
Podedes revisar nos recursos da biblioteca e atoparedes moitos exemplares relacionados coas 3 temáticas destes días.
Nos seguintes enlaces podemos atopar recursos variados:
CPI da Cañiza
Son de Poetas
Grazas a todas as persoas que colaboraron na súa elaboración e o compartiron.
E ademais non esquezamos viaxar coa imaxinación e coa axuda dos seguintes vídeos.
O primeiro, unha mostra da marabilla dos nosos bosques de Xoan Arco da Vella 
Para continuar, unha fermosa peza do libro "A música das árbores" con letra de Anxo Moure e música de Servando Barreiro.
E outra dos mesmos autores desta volta dedicada á auga do libro "A música da auga"
  
Deseguido, "El lenguaje de los Bosques", vídeo elaborado a partir da idea orixinal do grupo Xenfor (Genética y Ecología de la Resistencia a Insectos en los Pinos) e organizado por CSIC Galicia e MBG- Misión Biolóxica de Galicia
E para rematar, un vídeo dedicado á auga, "Cae una gotica de agua" interpretado por Roxana, producido polos estudios de animación ICAIC

venres, 29 de marzo de 2019

"Visita especial na Semana da Poesia"

Ao longo da Semana da Poesía fixemos diferentes actividades no centro e entre elas tivemos unha moi especial. O mércores 20,  tres compañeiros xa retirados que estiveron no cole, viñeron ler poesía e pasar un ratiño moi agradable con nós. Disfrutamos moito coa súa visita e gustounos escoitalos e compartir con eles esa mañán.
 





Para ver máis fotos podedes ir ao blog de Dinamización da Língua Galega do noso cole:

martes, 17 de marzo de 2015

"21 de MARZO"

O vindeiro sábado, 21 de marzo, temos unha doble conmemoración, esta data está sinalada  como
 "Día da Poesía" e "Día da Árbore".
No cole traballaremos  na seguinte proposta de actividades:
- Elaborar, ilustrar...poesías para seren expostas no recuncho habilitado ao longo do mes de marzo.
Na mañán do luns 23, o alumnado de 6º de Primaria fará a lectura por megafonía de diferentes poemas.
- Plantar varias árbores no patio na mañán do luns 23.
Ademais na biblioteca temos exposta unha selección de libros relacionados con estas dúas temáticas.
Nos seguintes enlaces atopamos recursos para traballar na aula:
CPI da Cañiza           Día da Poesía                Son de Poetas
E para Os Bosques:


O BOSQUE GALEGO

     

luns, 11 de marzo de 2013

"Día da Poesía e da Árbore"

O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo do mes de marzo traballamos arredor desta data de doble celebración.

1.- Día da Poesía
- Tendo como punto de partida a obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro e dado que se cumplen 150 anos da súa publicación traballaremos a ilustración, elaboración... de poemas para recopilalos posteriormente nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección de libros de produción propia (4)
Interesante recopilación de recursos a continuación:
bibliotecamestresgoldar
sondepoetas

2.- Día da Árbore
- As árbores son parte esencial do noso contorno e así tentaremos velos partindo de aqueles que temos máis preto e coa axuda de contos, vídeos, e outros materiais que iremos descubrindo.

Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida de Rosalía de Castro e a súa obra "Cantares Gallegos", ademais dunha estupenda selección de obras relacionadas coa poesía e as árbores.

Aquí vos deixamos un fermoso vídeo, unha mostra da marabilla dos nosos bosques.


E tamén este outro, un fermoso conto, sempre axeitado

xoves, 15 de marzo de 2012

"Día da Poesía, Día da Árbore"

O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo da semana traballaremos nas aulas en torno a estas dúas temáticas do seguinte xeito:


1.- Día da Poesía

- Ilustración de poesías de Celso Emilio Ferreiro, xa que este ano se celebra o centenario do seu nacemento.
- Elaboración de poemas libremente.
Os traballos realizados serán recopilados nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección 4: libros de produción propia.

2.- Día da Árbore

- O día 21 varias árbores serán plantadas no patio. Posteriormente serán elaborados uns carteis co nome de cada unha delas e tamén das xa existentes.

Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro.

Este escritor celanovés naceu o 4 de xaneiro de 1912 e a obra que o consagrou definitivamente como poeta foi: "Longa noite de pedra" publicada no ano 1962.
A Fundación que leva o seu nome contribúe a difundir o seu legado e na súa páxina dan a coñecer as actividades programadas para celebrar este centenario. Premendo no seguinte enlace atoparedes máis información:    celsoemilioferreiro

No seguinte vídeo temos unha fermosa versión dun seus  poemas máis coñecidos: "María Soliña", con música de Carlos Nuñez e voz de Teresa Salgueiro.