martes, 23 de abril de 2024

"Mes do libro 2024"

Como cada ano ao longo deste mes de abril temos de protagonista: "O LIBRO".
Neste mes recordamos títulos e por suposto autores que están na mente de todas e todos. 
Faise mención especial ao libro infantil e xuvenil no día 2 de abril, data na que naceu Hans Christian Andersen no 1805. 
Este escritor e poeta danés é coñecido  mundialmente polos seus contos para nenas e nenos. 

A IBBY declarou esta data Día Internacional do Libro Infantil e así lembrar a importancia de ofrecer libros axeitados a todas as nenas e nenos que os axuden a medrar como lectores e como persoas.        

23 de abril é a 2ª data simbólica do mes no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e ás autoras e autores.

Ao longo deste ABRIL e para celebrar estas datas especiais, teremos no cole as seguintes actividades:
- "Contacontos a cargo do Correo do Vento"
- Exposición de carteis de películas recomendadas, polos corredores do centro, feitas coa colaboración das familias
Exposición temática e de novidades relacionadas co libro
- E agasallo de Piquín para todo o alumnado e personal do cole: bolsas de tea coa foto da nosa mascota e marcapáxinas.

Agora e para endulzar estes días, aquí vos deixamos uns vídeos relacionados cos libros e a lectura




luns, 18 de marzo de 2024

"21 e 22 de Marzo"

O 21 de marzo está sinalado  como "Día da Poesía" e "Día da Árbore" e o 22 de marzo como "Día da Auga". 
Podedes revisar nos recursos da biblioteca e atoparedes moitos exemplares relacionados coas 3 temáticas destes días.
Nos seguintes enlaces podemos atopar recursos variados:
CPI da Cañiza
Son de Poetas
Grazas a todas as persoas que colaboraron na súa elaboración e o compartiron.
E ademais non esquezamos viaxar coa imaxinación e coa axuda dos seguintes vídeos.
O primeiro, unha mostra da marabilla dos nosos bosques de Xoan Arco da Vella 
Para continuar, unha fermosa peza do libro "A música das árbores" con letra de Anxo Moure e música de Servando Barreiro.
E outra dos mesmos autores desta volta dedicada á auga do libro "A música da auga"
  
Deseguido, "El lenguaje de los Bosques", vídeo elaborado a partir da idea orixinal do grupo Xenfor (Genética y Ecología de la Resistencia a Insectos en los Pinos) e organizado por CSIC Galicia e MBG- Misión Biolóxica de Galicia
E para rematar, un vídeo dedicado á auga, "Cae una gotica de agua" interpretado por Roxana, producido polos estudios de animación ICAIC

mércores, 13 de marzo de 2024

"Campionato de Xadrez 2024"

Rematamos o noso Campionato Anual de  Xadrez coa entrega de Diplomas de Participación. 
Todas e todos os que  xogaron recibiron o seu. 
O campionato celebrouse ao longo de 2 semanas,  cunha moi boa acollida por parte do alumnado e con partidas moi igualadas nalgúns casos.
NORABOA aos finalistas e MOITAS GRAZAS a todas as persoas participantes polo entusiasmo amosado.
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do torneo:


xoves, 29 de febreiro de 2024

"8 de Marzo"

Nesta data, 8 de Marzo, celébrase en todo o mundo o  "Día Internacional da Muller". Existen versións moi diferentes sobre a elección desta data para commemorar tal Día, pero todas elas coinciden que a proposta foi presentada no ano 1910 nun período de gran transformación social e política.
Aínda que non debera ser así, todavía hoxe existen moitas nenas e mulleres que son  privadas dos seus dereitos. Que esta situación mellore, forma parte da educación de nenas e nenos.
Na biblioteca temos unha selección de títulos expostos entre os que podemos atopar os seguintes:


Nas seguintes webs podedes atopar recursos para traballar arredor desta data ou en calquera outro momento:
A continuación, podedes acceder a unha interesante páxina na que se reflicte como o machismo estivo presente nas nosas vidas dende fai anos:
 

O seguinte vídeo foi montado a partir do conto "Daniela Pirata" de  Susanna Isern:        
E por último...
Grazas a todas e todos os que elaboraron estes recursos e quixeron compartilos.

luns, 19 de febreiro de 2024

"Día de Rosalía"

 
O 23 de Febreiro, aniversario do nacemento da poetisa, celébrase o día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega volve contar cun programa de actividades para esta data.
A AELG disponse a commemorar un ano máis o Día de Rosalía, promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Visitando os seguintes enlaces é posible acceder ás imaxes da casa de Rosalía ou facer unha visita virtual polo seu cuarto:
Casa de Rosalía
No seguinte vídeo temos unha versión cantada  dun  dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes".

E tamén esta fermosa canción de Lia Pamina e os Peregrinos inspirada na obra de Rosalía:

 
E para rematar, para os máis pequenos e pequenas:

Para ver máis información e recursos podedes ir ao blog:   

xoves, 15 de febreiro de 2024

"Campionato de Xadrez 2024"

Unha das actividades máis exitosa da biblioteca e a de "Xadrez no recreo". 
E como non podía ser menos, ao longo do mes de marzo teremos o noso Campionato Anual.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

"Día Escolar da Paz e a Non Violencia 2024"

Xa estamos en Xaneiro, e a finais deste mes, o vindeiro martes 30, terá lugar o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia" . 
Coa conmemoración desta data queremos facer fincapé na importancia dunha educación na tolerancia, cooperación, amizade e solidariedade. 
No cole, ao longo das vindeiras semanas faremos diferentes actividades para concienciar da súa importancia. Entre as actividades que se levarán a cabo queremos destacar:
- Exposición na biblioteca de bibliografía relacionada con esta temática
- Proxección na biblioteca, na hora do recreo,  de curtas relacionadas con esta data que fomenten os valores de amizade, empatía, colaboración...
- Sesións de contos nas titorías promovendo a igualdade entre homes e mulleres.
- Elaboración de carteis nas aulas sobre peliculas relacionadas con esta temática.
- Acto conxunto no patio de todo o cole: baile, manifesto, solta de pombas.
En canto á selección de libros relacionados co Día da Paz que temos na biblio, podedes levar á aula ou en préstamo a casa aqueles que máis vos agraden. Esperamos que os disfrutedes. 

Deixamos o seguinte vídeo para comezar:


Si vos gustou, na etiqueta
RECURSOS
na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou...  premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña

Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.