"HEFESTO" é un programa que se desenvolve en Pontevedra dentro das actividades da Casa Azul.
Nel participan persoas con capacidades diferentes, membros de entidades moi diversas: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amanecer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de Personas Sordas de Pontevedra entre outros colectivos.
Ao longo do 2015 traballaron cos medios de comunicación sendo asesorados por profesionais de radio, prensa... para desenvolver as diferentes actividades.
Aquí temos o spot, adicado á cidade de Pontevedra, elaborado na edición deste ano:
E tamén o Making-Of a modo de resumo do HEFESTO 2015
Dentro da rede de Escolas Unesco da cal formamos parte e coincidindo coa Cumbre sobre "O Cambio Climático", fíxose unha exposición de traballos en Paris relacionados con esta temática. O noso centro participou nesa exposición co envío de diferentes traballos plásticos.
Agora xa podemos velos no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste.