mércores, 14 de decembro de 2016

"Recomendacións lectoras para o Nadal"

As vacacións están xa petando na porta e antes de que cheguen queremos deixar as nosas recomendacións lectoras para este Nadal 2016. Esperamos que as disfrutedes.
E recordade que na páxina do cole podedes atopar as fotos do Festival de Nadal. Clicade no seguinte enlace:

domingo, 11 de decembro de 2016

"Traballando as nosas emocións"

Xa coñecedes o proxecto deste ano e aquí está o resultado do traballo ao longo do 1º trimestre. As nosas emocións nos acompañarán ao longo do curso e máis alá. Grazas ao esforzo de todas e todos por facelo posible.


venres, 11 de novembro de 2016

"Chegou o Magosto"

Rematamos o Samaín e  chegou o Magosto:
Asamos castañas, fixemos xogos e por suposto comimos castañas asadas. Clicade na imaxe para ver máis fotos da galería.
 E para rematar cantamos:



martes, 1 de novembro de 2016

"Samaín 2016"

Celebramos o Samaín e o cole encheuse de terroríficos recunchos. Na biblioteca disfrutamos de contacontos de medo, os corredores enchéronse de cabazas, pantasmas, arañas... e no salón de actos actuaron bruxas e curuxas bailando e cantando. Foi o Samaín... e todos - grandes e pequen@s -pasámolo de ¡¡Medo!!













domingo, 25 de setembro de 2016

Xa estamos de volta!!

Benvid@s a todas e todos a este novo curso que estamos comezando.
Setembro xa casi rematou, chegou o outono e a biblioteca xa está lista para abrir unha vez máis as súas portas.
Será o vindeiro 10 de OUTUBRO!!!
Pero antes dese día, queremos que saibades que vimos cargados de moitas ideas e, por suposto, dunha nova proposta para compartir e investigar xuntos: 
- EMOCIÓNATE CON NÓS!!
Buscaremos emocións grandes e pequenas, traballaremos con elas e descubriremos diferentes maneiras de expresalas. 
Aquí tendes este vídeo para ir abrindo camiño
E para que vexades que algún xa van encamiñados deixo unhas fotos do noso patio neste outono con fermosas creacións de nenos e nenas do 3º ciclo


mércores, 22 de xuño de 2016

"Guía de Verán 2016"

Piquín quere desexarvos a todos unhas estupendas vacacións, pero antes de deixar este curso quere facervos unhas recomendacións lectoras que espera sexan do voso agrado. 
Espéravos de novo a todos e todas en setembro. 
¡¡¡BO VERÁN!!! , ¡¡¡BOAS VACACIÓNS!!!
e ata a volta, 

martes, 21 de xuño de 2016

"Rematando o curso"

Estes días estamos xa rematando o curso. Aproveitamos o tempo que nos queda para disfrutar cun pequeno festival, con xogos populares ou coa festa do deporte que serve de despedida ao alumnado de 6º de Primaria. 
O martes no festival tamén houbo tempo para agradecer o traballo na biblioteca dos nenos e nenas voluntarios do 3º ciclo. Durante todo o curso colaboraron no funcionamento da biblioteca escolar na hora do recreo. Sin o seu traballo e o tempo adicado pola profe Mercedes a biblioteca non podería ter funcionado como o fixo. Moitas Grazas a todas e todos eles.

xoves, 16 de xuño de 2016

Bichos!!!

Ao longo deste curso 2015-2016 estivemos investigando sobre os Bichos. Algunhas das actividades levadas a cabo foron xa publicados nesta páxina e moitos dos nosos traballos plásticos están expostos polos corredores do colexio. Aquí vos deixamos unha mostra destes últimos.

domingo, 8 de maio de 2016

"Abril, mes do Libro"

O mes de abril xa rematou pero foi moi intenso e cheo de actividades no cole. Ademáis de varias visitas ao Salón do Libro e a Biblioteca pública, no mes de abril organizamos dous eventos importantes: 

- Exposición de fotos de bichos
- Contacontos de grandes a pequen@s nas prazas da cidade

O primeiro foi a exposición de fotos de bichos polos corredores do centro. Para esta actividade contamos coa colaboración das familias, ¡¡¡Moitas Grazas pola vosa participación!!!
Manteremos a exposición  ata finais de curso. Mirade que ben quedou:















E para o venres 22 saímos grandes con pequenos a disfrutar coa lectura nas prazas de Pontevedra. Estivemos por grupos na Pedreira, Leña, Verdura, Estrela e Muelle. Foron os maiores de 6º, 5º e 3º os que fixeron as delicias de pequenos coas súas historias.
Contaron lendas, falaron dos diferentes escudos, a orixe das prazas, persoeiros famosos relacionados con cada unha... E aquí un resumo deste gran día: