Xa estamos en decembro, o Nadal case chegou, e antes de irnos de vacacións Piquín quere amosarvos as súas recomendacións lectoras.
xoves, 15 de decembro de 2022
"Guía de Lecturas de Nadal 22"
mércores, 14 de decembro de 2022
"O Apalpador"
Moito antes de que Papá Noel chegase a Galicia , xa existía nestas terras alguén moi importante no Nadal:
e poderás descubrir máis premendo na súa páxina oficial:
http://www.apalpador.com/
e tamén nos seguintes enlaces, no que temos unha boa recompilación de recursos:
CEP de Ventín
Na nosa biblioteca están os contos, (tamén se poden ler ou ver clicando nas portadas):
martes, 13 de decembro de 2022
"Piquín e os Pokémons"
Este curso, Piquín quere amosarnos a súa imaxe como entrenador Pokémon, xunto con algún dos máis preciados así e como aparece na entrada da Biblioteca.
mércores, 7 de decembro de 2022
"Dereitos Humanos"
Clicando na imaxe podedes atopar máis información sobre este día e o seu significado.
E tamén nos gusta recordar para esta data unha frase de Mandela:
"A Educación é a arma máis poderosa que podemos usar para cambiar o mundo"
O Ceip Mestres Goldar traballou na recompilación de recursos que puxo a disposición de todos nós. Grazas a todos os implicados neste traballo:
DEREITOS HUMANOS
Algúns dos títulos que temos na nosa biblioteca relacionados con este tema son:
E na seguinte canción, Dereitos Humanos o mellor instrumento:
luns, 28 de novembro de 2022
"3 de Decembro: Día Internacional das persoas con Discapacidade"
Polos dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade:
luns, 21 de novembro de 2022
"25 de Novembro"
O día 25 de novembro foi declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Nas etapas de Educación Infantil e Primaria os nenos e nenas desenvolven determinados procesos de socialización e construción de valores sociais nos cales a coeducación xoga un importante papel.
A continuación podedes atopar diferentes recursos recompilados por outros centros. Grazas aos que compatiron as seleccións:
cpidacañiza
domingo, 23 de outubro de 2022
"Magosto"
Clicando na foto podedes atopar información sobre a súa orixe.
RECURSOS MAGOSTO
"Samaín"
Pero... sabedes que o Samaín é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o principio do Novo Ano no calendario celta? Se vos interesa ter máis información sobre a súa orixe premede no seguinte enlace:
No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades:
- Exposición de cabazas nos corredores do colexio
- Contacontos nas aulas
- Terrorífica exposición de contos na biblioteca, dará medo abrilos???
"O CASTELO"
venres, 21 de outubro de 2022
"Día das Bibliotecas Escolares"
luns, 17 de outubro de 2022
"Tardes na Biblioteca"
domingo, 16 de outubro de 2022
"Boas Prácticas"
domingo, 25 de setembro de 2022
¡¡NOVA PROPOSTA!!
mércores, 21 de setembro de 2022
"Plan Anual de Lectura" curso 22-23
luns, 12 de setembro de 2022
"Decálogo da Biblioteca"
xoves, 8 de setembro de 2022
CHEGOU SETEMBRO E...
Temos propostas para investigar e divertirnos xuntos, moi pronto recibiredes pistas ao respecto pero mentres e para comezar deixamos este vídeo que esperamos sexa do voso agrado:
domingo, 19 de xuño de 2022
"Novo Proxecto e Boas Vacacións"
Seguro que estades intrigadas e intrigados pensando cal das propostas foi a gañadora, queredes sabelo xa???
Pois, "POKÉMOS NA BIBLIOTECA", vai ser a proposta de traballo para o vindeiro curso. Esperamos que vos guste e á volta das vacacións de verán veñades cargados de enerxía e moitas ideas para axudar a Piquín na súa investigación.
Boa andadura no voso camiño e moita sorte na nova etapa de Secundaria.
Para as e os demais, vémonos en Setembro.
¡¡BOAS VACACIÓNS!!