luns, 19 de xuño de 2023

"Boas vacacións verán 23"

Xa está aquí o verán, pero antes de marchar queremos agradecer a toda a comunidade educativa, persoal do centro, alumnado e familias, o traballo e esforzo realizado, no cole a na casa, ao longo deste curso. 

A todas e todos aqueles que comenzades unha nova etapa, MOITA SORTE no voso camiño.
Aos que ides seguir en setembro,  agardamos vervos con moitas novidades e, por suposto, un novo proxecto por diante.

Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole 
¡¡¡Boas Vacacións e Bo verán!!!

martes, 6 de xuño de 2023

"A Caca Cuca viaxa a U.K."

Esta semana, tivemos a sorte de contar novamente con Irene Alonso no cole. 
Irene é autora do libro "A Caca Cuca", o cal presentou no curso pasado para o alumnado de Ed. Infantil. 
Nesta ocasión viu presentarnos o seu novo traballo:
"A Caca Cuca viaxa a U.K."
Fixo unha fantástica sesión de contacontos para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, na que desfrutaron tanto alumnado como profesorado.

Moitas Grazas por compartilo con nós.
E aquí vos deixamos algunhas fotos máis da xornada:



luns, 5 de xuño de 2023

"Podcast sobre Pokémon"

Como remate do proxecto deste ano, Pokémons na Biblio, o alumnado de 6º de Ed. Infantil decidiu elaborar varios podcast.
Non sería posible facer este traballo sen a colaboración da familia de Alexandre, Teresa e Xabi, que se encargaron de preparar todo o necesario e facer as grabacións. Moitas grazas aos 3.
Fixemos grabacións por equipos nas que falamos dos nosos pokémons favoritos, ou sexa os que temos nos nosos equipos. Aquí podedes escoitarnos:

       squirtel-A             
 rowlet-B       
 raichu-A        
raboot-B         
pikachu-A       
pikachu-B       
eevee-A           
bulbasaur-B     
charmander-A  
charmander-B     

Debaixo podedes botar unha ollada aos momentos de grabación

domingo, 4 de xuño de 2023

"Día do Medio Ambiente 23"

"Sin contaminación por plásticos"
400 millones de toneladas de plástico 
Es la cifra de plásticos que se producen a nivel mundial cada año. 

O día 5 de Xuño celébrase o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano, co lema "Sin contaminación por plásticos" preténdese concienciar sobre o desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente.
Para alcanzar este obxectivo invítase:
- Ás persoas a mellorar os seus hábitos de consumo
- Ás empresas a desenvolver modelos máis ecolóxicos
- Aos gobernos a protexer as zonas salvaxes
- Ao profesorado a educar en valores naturais


No cole, seguimos traballando na horta, na elaboración do compost cos restos das merendas e, por suposto, facendo especial fincapé na recollida selectiva de papel, plásticos, pilas...
Aquí tendes uns cortos relacionados con este tema que poden servirnos de inspiración para continuar mellorando as nosas accións: