Xa estamos chegando ao Día das Letras Galegas e no cole xa todo está preparado para que nestas dúas semanas todos e todas poidamos disfrutar na biblioteca dunhas xornadas especiais co seguinte guión:
LETRAS GALEGAS 2014
Na biblioteca temos preparadas varias actividades que xirarán en torno ao noso proxecto: “CAL É A ORIXE DE…?” e o autor homenaxeado este ano: Díaz Castro.
Cada
titor e titora dividirá o seu grupo-clase
en 5 equipos de 4/5 nenos e
nenas.
Na biblioteca
atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes equipos, sinalizados con carteis de cores e o
Nº correspondente do seguinte xeito:
-
Recuncho 1 (amarelo)
-
Recuncho 2 (azul)
-
Recuncho 3 (verde)
-
Recuncho 4 (vermello)
-
Recuncho 5 (laranxa)
Cada
equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:
Ed. Infantil
Recuncho nº 1, bibliografía: facer os puzzles /completar os títulos das portadas
(dos libros relacionados coa bibliografía do proxecto).
Recuncho nº 2, pasatempos: 3/4 anos- completar o sudoku / 5
anos- 1 sopa de letras e 1 sudoku que deberán resolver en equipo.
Recuncho nº 3, emplatamos: colorear, recortar e montar o
plato.
Recuncho nº 4, mural: pega as fotos dos alimentos no nome
correspondente
Recuncho nº 5, collage: composición coas fotos e textos dados
sobre a vida e obra de Díaz Castro- A3. Pódese completar con debuxo, frases
escritas… e o que se considere oportuno.
Ed. Primaria
Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requeridos
relacionados coa bibliografía do proxecto.
Recuncho nº 2, pasatempos: 2 sopas de letras, palabras
enlazadas e xeroglíficos ou sudokus.
Recuncho nº 3, emplatamos
Recuncho nº 4, mural: pega as fotos dos alimentos no lugar
correspondente e escribe os nomes dos alimentos vexetais, a súa orixe, nome
científico…
Recuncho nº 5, collage: composición coas fotos e textos dados
sobre a vida e obra de Díaz Castro- A3. Pódese completar con debuxo, frases
escritas… e o que se considere oportuno. Revisar biografía autor.
En cada recuncho haberá un
sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas
de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por
recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho
rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben
esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada
equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no
recorrido para recompilar os materiais
que se van traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de
comezo.
Cada titoría fará unha
posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus
compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis
lles gustou…
Cada titoría decidirá o
xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Na biblioteca farase un
álbum recompilatorio cos collage en A3 sobre Díaz Castro.
Días por niveis:
-
Luns 12 maio: 6º E. Infantil
-
Martes 13 maio: 5º E. Infantil
-
Mércores 14 maio: 4º E. Infantil /
5ºB Primaria
-
Xoves 15 maio: 5ºA E. Primaria
-
Venres 16 maio: 6º A / 6ºB E.
Primaria
-
Luns 19 maio: 4ºA / 4ºB E.
Primaria
-
Martes 20 maio: 3ºA / 3ºB E.
Primaria
-
Mércores 21 maio: 2ºA / 1ºB
-
Xoves 22 maio: 2ºB / 1ºA
Aquí tendes algunhas fotos máis das actividades e dos recunchos que xa vos están esperando.
Agardamos a vosa visita