xoves, 26 de novembro de 2020

"O veleiro verde"

Unha fermosa canción que explica estupendamente o obxectivo do noso proxecto anual "Co Cambio todo Cambia". Esperamos que vos guste

domingo, 22 de novembro de 2020

"25 de Novembro"

O día 25  de novembro foi declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Na escola  traballamos na transmisión de valores, normas e actitudes que favorezan os comportamentos de respecto cara os demais, o respecto pola igualdade e a dignidade de toda persoa.
Nas etapas de Educación Infantil e Primaria os nenos e nenas desenvolven determinados procesos de socialización e construción de valores sociais nos cales a coeducación xoga un importante papel.
            
Nestes procesos  vense implicados os distintos medios nos que transcorre a súa vida e a das súas familias: barrio, escola, amizades,... contribuíndo todos eles á transmisión de modelos que deberán ser o máis equilibrados posible.

Este ano, no cole, ímonos facer eco desta data repartindo lazos adhesivos entre a comunidade educativa co lema  "NON". Cada nena e neno terá unha tarxeta que decorarán segundo acorden na súa aula. Unha vez rematadas, as tarxetas serán colocadas sobre corazóns morados nas portas de entrada.

A continuación podedes atopar diferentes recursos recompilados por outros centros. Grazas aos que compatiron as seleccións:
cpidacañiza
Educando en igualdade

E... algúns vídeos recomendables


  

        TOLERANCIA CERO A TODO TIPO DE MALTRATO



Entre os contos da biblioteca podedes atopar os seguintes:

ç