domingo, 22 de maio de 2022

"Mural das Letras"

As actividades das Letras Galegas xa remataron e o Mural quedou listo para que todos poidan desfrutar do fermoso resultado. Foron días de movemento na Biblioteca, curso a curso participaron na Busca do Tesouro e foron engadindo as pezas que cada equipo atopaba. 
A busca comezaba na biblioteca, onde cada equipo tiña que descifrar a pista que se lle entregaba. Cando atopaban a súa peza, debían volver á biblioteca e vendo o código escrito por detrás, buscaban o seu lugar e pegaban na plantilla do mural. Pouco a pouco fomos completando ata telo rematado.






Clicando na seguinte imaxe chegaredes ao vídeo da montaxe


martes, 17 de maio de 2022

"Exposición Mes do Libro"

Como remate de Abril,  Mes do Libro, fixemos unha exposición con todas as tarxetas que os rapaces e rapazas trouxeron da casa. 
Como ben sabedes, dentro das actividades programadas para este ano, solicitamos a colaboración das familias, para que todo o alumnado elaborase unha ficha técnica dunha planta de horto-xardín. 
Aquí tendes o fermoso resultado, posible grazas á colaboración de todas e todos. 
Moitas grazas pola vosa axuda e aportacións.

 

domingo, 1 de maio de 2022

"LETRAS GALEGAS 2022"

Xa estamos no mes de Maio, e como sabedes o martes 17, celébrase o Día das Letras Galegas. O autor homenaxeado este ano é Florencio Delgado, abogado e poeta galego exiliado. 

Un dos seus traballos máis importantes foi a creación, xunto con outros emigrantes galegos, dunha grande rede cultural galega en México, país no cal pasou unha boa parte da súa vida.

Deuse a coñecer como poeta co seu libro Bebedeira e foi un dos fundadores da revista Vieiros, ademais de participar na publicación da revista Saudade.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:

No cole celebraremos esta data traballando arredor do autor homenaxeado e do proxecto deste curso:
 "Horta-Xardín de Piquín".
Este ano, teremos de novo unha proposta de actividades que poderá realizarse de xeito virtual e/ou en papel. 
Esta proposta se completará cunha "Busca do Tesouro" que partirá da Biblioteca a diferentes recunchos do cole. O obxectivo final é a elaboración dun mural das Letras Galegas sobre Florencio Delgado que iremos completando entre todas e todos coas pezas que conseguiremos na Busca do Tesouro.

Para poder acceder ás actividades virtuais podedes premer nas fotos ou nos enlaces correspondentes a cada nivel e chegaredes axiña: